O PORRIÑO
Detidos tres mozos do Porriño por roubar presuntamente en vivendas e vehículos
O grupo estaba integrado por dous mozos de 18 e 19 anos e unha moza menor de idade
Axentes da Policía Local detiveron a tres mozos, veciños de O Porriño que formaban un grupo moi activo aos que se lles responsabiliza de diversos roubos en vivendas e tamén no interior de vehículos acaecidos no Porriño nos últimos días.
As detencións realizáronse na pasada madrugada grazas á colaboración cidadá. Un veciño chamou á Policía Local ás 4:27 horas informando que estaba vendo varias persoas dentro dun domicilio con lanternas. Unha dotación da Policía Local acudiu e detivo a dous mozos de 18 e 19 anos e unha moza menor de idade, despois dunha persecución a pé, pois intentaron fuxir ao apercibirse da presencia da patrulla. Os axentes puideron recuperar os obxectos sustraídos e devolvelos aos donos da vivenda.
A menor foi entregada a súa nai pero deberá pasar a disposición da Fiscalía de Menores namentres os dous mozos maiores de idade, pasan a disposición do xulgado de garda no Porriño.
A Policía Local informou que a detención deste grupo ía producirse na noite do mércores ao xoves pero adiouse por causa do lume declarado no serradoiro de Mosende que obrigou a concentrar todos os efectivos de garda para atender ese sinistro.
Unha vez máis A Policía Local e a Concellería de Seguridade que dirixe Lourdes Moure agradecen a colaboración da veciñanza e lembran que a Policía Local ten patrulla dispoñible 24 horas ao día, chamando ao teléfono 620404040,

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22