O ROSAL
O pavillón do Rosal estrea novo pavimento
Lete Lasa destacou a importancia desta actuación para que o balonmán, así coma outros deportes, siga a ser un referente no concello e que o Novás poida desputar os seus partidos nas mellores condicións
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola alcaldesa, Ánxela Fernández, supervisaba a mediados de agosto as obras levadas a cabo no pavillón municipal do Rosal, que contaron cun orzamento de preto de 50.000 euros (48.399,94 euros). Pola súa banda, a Xunta de Galicia achegou o 80% do importe total da actuación (38.719,94 euros), mentres que o concello investiu o 20% restante (9.680 euros).
As obras realizadas no pavillón supuxeron a actuación no seu pavimento para a mellora da práctica deportiva dentro da que destaca o Acanor Novás Valinox que a tempada que vén de concluir xogou no grupo de ascenso á Liga Asobal. Lete Lasa destacou a importancia desta actuación para que o balonmán, así coma outros deportes, siga a ser un referente no concello e que o Novás poida desputar os seus partidos nas mellores condicións. Do mesmo xeito, apuntou o efecto positivo sobre a poboación para que moitos nenos e nenas se animen a practicar balonmán ou calquera outro deportes nas renovadas instalacións.
A Secretaría Xeral para o Deporte afianza tamén o seu compromiso coas infraestruturas deportivas. Dos 32.474.216 euros cos que conta en 2021 (un 28,5% máis que en 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184