Provincia de Pontevedra
Os Roteiros Literarios arrancan en setembro con cinco paseos
A Deputación de Pontevedra segue a "aviventar" cultura na provincia e porá en marcha o vindeiro 5 de setembro o seu programa de Roteiros Literarios por cidades e vilas que son escenario ou que inspiraron obras literarias. Serán de novo cinco paseos, para os que haberá un total de 125 prazas, que se desenvolverán por espazos dos concellos de Vigo, Moaña, Salvaterra, Silleda e Pontevedra. O programa volve contar coa colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
Cada un dos roteiros, que terán lugar tres domingos de setembro e os dous primeiros de outubro en horario de 11 a 13.30 horas, contará con 25 prazas. Terán como guías a autores e autoras da AELG, que tomarán como base obras propias ou alleas ambientadas nos respectivos espazos. Deste xeito, o público poderá gozar desta experiencia descubrindo unha nova visión destes lugares e viaxando pola memoria literaria do territorio. As inscricións poden realizarse xa no enderezo electrónico roteiros.cultura@depo.gal, indicando cal é a ruta escollida, os nomes das persoas participantes (máximo de 4 por reserva) e un teléfono de contacto.
O desenvolvemento destas rutas estará guiado por un estrito protocolo con todas as medidas de seguridade e garantías sanitarias e será obrigatorio o uso de máscara.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8