Viernes, 30 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 24 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar estrea o maior parque lúdico canino do sur da provincia

A nova área de lecer conta cun circuíto agility para as mascotas e unha área de lecer para a veciñanza con merendeiro, unha pérgola e aparellos biosaudables

O Concello da Gondomar vén de gañar un novo espazo público para o lecer canino e o descanso e esparexemento de viandantes, unha obra financiada cunha achega da Deputación de preto de 85.000 euros ao abeiro do Plan Concellos. Os deputados provinciais Carlos Font e Iria Lamas , acompañados do alcalde, Francisco Ferreira, estiveron onte na estrea oficial deste novo equipamento da avenida Curros Enríquez, que constitúe o maior parque lúdico canino do sur da provincia.

 

O proxecto consistiu na creación dun recinto para as mascotas e dun parque no que se habilitou unha área de merendeiro para a veciñanza, unha pérgola e un circuíto dotado con aparellos biosaudables. En total, obrouse nunha superficie de 3.000 metros cadrados, nos que se procedeu á preparación e pavimentación do terreo, creación de superficies con area, cercado do recinto, instalación da rede de alumeado, saneamento e auga para as fontes e preparación do céspede. A actuación contemplouse o subministro e colocación dunha papeleira e contedor de residuos caninos e o acabado final das fontes e biosaudables, entre outras pezas de mobiliario.

 

O novo parque está dotado de aneis de salto, mesas caninas, pasos, ramplas e corredores para as mascotas que dan lugar a un circuíto agility (modalidade que combina a disciplina e o deporte neste tipo de percorridos e que os animais deben superar acompañados dos seus donos/as). Ademais, as novas instalacións destacan pola súa orientación pedagóxica pensada para que os cans e cadelas saiban como actuar; e por estar valadas, posibilitando que poidan interactuar soltos no interior á vez que se garante a súa seguridade. Pola súa banda, a zona de biosaudables está dividida nunha subzona adaptada, outra para dúas persoas e outra que da cabida a sete usuarios simultaneamente.

 

A Deputación de Pontevedra leva investidos máis de 9,2 millóns de euros no Concello de Gondomar desde 2015, tempo no que se financiaron preto de 50 obras de saneamento, pavimentación de camiños, infraestruturas e mellora dos equipamentos do municipio a través do Plan Concellos. Amais, subvencionáronse múltiples actividades socioculturais para a dinamización da vila e procedeuse á contratación de máis de 70 persoas para traballar en servizos de competencia municipal. Este ano, o Plan Concellos destina outros 1.018.584 euros de financiamento regrado para Gondomar.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.