GALICIA
O CAAN da Deputación superan o listón das 3.000 adopcións
Vigo encabeza as adopcións neste 2021, con 70 animais, seguida por Pontevedra, con 45
Coa saída de nove cans e cadelas, o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra vén de superar a cifra das 3.000 adopcións acadadas desde 2015. Unha cifra impulsada polos excepcionais rexistros acadados nos últimos dous anos, en que as instalacións da Armenteira superaron, consecutivamente, o seu récord anual de adopcións. Así, no 2019, foron 466 animais que atoparon un novo fogar e no 2020 a cifra creceu ata os 583. As previsións apuntan tamén a que este 2021 será outro ano histórico no centro da institución provincial, xa que ata o 19 de agosto o número de cans e cadelas adoptados foi de 461, cun espectacular incremento do 47,7% con respecto ao pasado ano por estas mesmas datas.
O CAAN, que é referencia de benestar animal en España, conta neste momento coa adhesión ao servizo dun total de 50 concellos da provincia. En concreto, este pasado xoves alcanzou as 3.007 adopcións desde o 2015, coa saída de nove animais: “Calista”, “Calisto”, “Lois” e “Pedro” ao seu novo fogar en Vigo; así como as de “Xurxo” e “Peru” a Pontevedra e as de “Goio”, “Mero” e “Bernal”, que xa desfrutan coas súas novas familias nos concellos do Rosal, Madrid e Cuntis respectivamente. Todos eles entraran no centro nos últimos dous meses e incluso “Mero” tan só pasou no CAAN 17 días trala súa recollida o 2 de agosto en Vila de Cruces. Destaca tamén a historia de “Calista” e “Calisto”, dous cans que foran recollidos o 12 de xullo en Lalín e que saíron xuntos tamén o mesmo día cara ao seu novo fogar en Vigo.
![[Img #71013]](https://xornal21.com/upload/images/08_2021/7454_foto-4.jpg)
Redúcese o tempo de estancia media
Con estes animais, son xa 461 as adopcións acadadas no que vai do 2021 no CAAN, case tantas como todas as do 2019 (466) e que tamén superan con amplitude ás do pasado 2020 de récord. Tanto é así que no mesmo período do ano pasado (do 1 de xaneiro ata o 19 de agosto) producíranse 312 adopcións. Amais, estase a producir unha significativa redución nos tempos de estancia dos animais, cumpríndose así un dos obxectivos fundamentais do centro, dedicado á recuperación dos cans e cadelas e a facilitarlles a consecución dun novo fogar no menor tempo posible. Deste xeito, neste 2021 a media de estancia está a ser de 86 días, moi por debaixo dos 123 días do pasado 2020 e dos 124 días do 2019.
En canto ao destino dos animais adoptados ao longo do que vai deste ano, tan só un viaxou ao estranxeiro, concretamente a Portugal. En Galicia tramitáronse un total de 411 adopcións, a maioría (351) na provincia de Pontevedra, mentres que o resto repartíronse polas comunidades autónomas de Castela e León (30), Madrid (8), País Vasco (3), Cataluña (3), Castela A Mancha (2), Comunidade Valenciana (1), Canarias (1), Asturias (1) e Estremadura (1).
No caso da provincia pontevedresa, Vigo é ata agora o concello con maior número de procesos de adopción, un total de 70, seguido de Pontevedra, con 45, e A Estrada, con 33. Hai que destacar tamén os datos de Meis e Poio, con 19 e 18 adopcións respectivamente, así como as 14 acadadas en Cambados ou as 12 en Vilagarcía.
Entre os cans e cadelas adoptados este ano atópanse algúns dos animais máis veteranos do centro. En concreto, deuse saída este ano a “Macarena”, “Adia” e “Paradita”, as tres “avoas” para as que a presidenta Carmela Silva lanzara recentemente o reto de conseguir unha familia. A primeira, unha mastín de oito anos, chegara desde Pontecesures e no centro recuperouse dun gran corte na cara, para viaxar en xuño a súa nova casa en Barro. Pola súa banda, “Adia” unha pastora alemá de 9 anos encontrou fogar en Padrón e “Paradita”, de 8 anos, en Pontevedra. Queda aínda no centro “Pitu”, de dez anos, que fora recollido en Catoira en marzo deste ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8