Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 21:57:35 horas

Xornal21.es
Viernes, 03 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Instalan fibra nos barrios de San Pedro, Camos e Parada Nigran

Está xa finalizado Vilariño e Padres Franciscanos e actualmente estase dotando dela ás zonas de Cabaleiros, Laxes e Porto do Molle (Parada) e Reboreda, Milisozas, Lodeiro e contorna do Centro Cultural de Camos

O Concello de Nigrán ven de desbloquear o problema da falta de desplegue de fibra en novos núcleos das parroquias de Camos e Parada pendentes desde 2020, data límite outorgada no Plan Estratéxico Nacional do goberno do Estado ás operadoras. A maiores, xa acadou que se achegase a Vilariño e rúa Padres Franciscanos (San Pedro).

 

Así, actualmente están a traballar en Cabaleiros, Laxes e Porto do Molle (Parada) e en Camos na contorna do Centro Cultural, Reboreda, Milisozas e Lodeiro, polo que nas vindeiras dúas semanas os vecinos xa poderán solicitar ás respectivas operadoras a conexión. Meses atrás, en estas parroquias o Concello acadou que se realizasen con éxito as acometidas nos barrios de A Rotea, Piñeiros, Lama e Levada (Camos), Mallón, Ramallosa e Vilariño en San Pedro (Padres Franciscanos e rúas próximas ou Romana Alta) ou Igrexa e Rabadeira (Parada) e Chandebrito ao completo.

 

 

 

 

“Seguimos pelexando por cada barrio, cada rúa e incluso nalgúns casos por vivendas ailladas inxustamente para que a cobertura acade o 100% de Nigrán neste 2021”,  sinala o alcalde, Juan González

 

 

 

 

“Seguimos pelexando por cada barrio, cada rúa e incluso nalgúns casos por vivendas ailladas inxustamente para que a cobertura acade o 100% de Nigrán neste 2021”,  sinala o alcalde, Juan González. “Sabemos que van máis lento do previsto pero pedimos paciencia e saber interpretar as cousas con perspectiva: no ano 2019 apenas había fibra no centro de Nigrán e zonas máis ailladas e actualmente todas as parroquias teñen barrios con fibra, independientemente de se son do interior ou da costa, e neste 2021 chegará prácticamente ao 100% do municipio”, indica o edil Diego García, encargado da negociación coas operadoras e quen incide xunto ao alcalde en que “o Concello asumirá o desplegue alí donde non cheguen as operadoras”.

 

Nesta liña, Diego García insiste en que se sigue a traballar para que  cumpran coas zonas nas que aínda non se desplegou pese a estar contempladas e adxudicadas a R, como son as parroquias de Priegue (Mámoa, Navás, parte de Av. Pablo Iglesias, entre outras), Parada (Laxe, Tinde, entre outras), Camos (Carballal, Carballeira, Touza, entre outras) ou 60 fogares de A Ramallosa nas que non se desplegou.

 

“Conseguimos grandes avances nos últimos meses e seguimos traballando para que as operadoras aceleren o seu traballo”, finaliza o alcalde.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.