Sábado, 28 de Febrero de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Febrero de 2026 a las 10:06:31 horas

Xornal21.es
Lunes, 30 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

José Miñones apoia a mellora da mobilidade transfronteiriza entre A Guarda e Caminha

O Ministerio para a Transición Ecolóxica está implicado na protección do litoral da Guarda, afectado pola dinámica da desembocadura do Miño

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, apoiou a mellora da mobilidade transfronteiriza entre A Guarda e Caminha como conexión costeira entre España e Portugal. Expresouse así tras reunirse co alcalde, Antonio Lomba, acompañado pola subdelegada en Pontevedra, Maica Larriba, e antes de facer un percorrido polo concello.



José Miñones explicou que a Agrupación de Cooperación Transfronteiriza, dependente da Deputación de Pontevedra, realizará un estudo sobre as posibilidades de mellora da mobilidade entre as dúas beiras do Miño. “Consideramos que pode ser moi interesante para cohesionar as localidades de Caminha e da Guarda”, destacou.



Tanto o delegado do Goberno como o alcalde están pendentes da conclusión deste estudo porque consideran que a veciñanza de ambos lados do río ten dereito “a manter unha mobilidade sostible e que ademais favoreza o tránsito do Camiño Portugués pola costa”, abundou.

 

 

 

 

O campo de concentración de Camposancos conta cunha achega do Goberno para lembrar a historia dos 2.000 presos e 50 asasinados

 

 

 



José Miñones detallou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica está implicado na protección litoral da Guarda, afectado pola dinámica da desembocadura do Miño. De feito, entende que unha das principais problemáticas está vinculada co litoral, no que actúa o Goberno.



Un exemplo é a Praia da Lamiña, onde Costas creou un dique por 130.000 euros con 90 metros de lonxitude. O obxectivo é evitar riscos vencellados con indundacións ante a acción do mar. Ademais, A Guarda conta coa protección especial da figura Rede Natura 2000, que garante o coidado nas actuacións.



No concello tamén está o campo de concentración de Camposancos, utilizado durante a Guerra Civil. Esta instalación conta cunha achega do Goberno, a través da Secretaría de Estado de Memoria Democrática, para lembrar a historia dos 2.000 presos e 50 asasinados. Corresponde á primeira liña de achegas deste ámbito que chega a Galicia.



A visita do delegado e a subdelegada en Pontevedra incluíu o campo de concentración de Camposancos e as praias de Armona e Muíño. Alí puideron coñecer de primeira man a situación, acompañados polo alcalde, Antonio Lomba.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.