Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 28 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
Mos

350 persoas participaron no ‘Mos sobre rodas’

Herville foi esceario esta tarde dun evento deportivo previo á meta da principal competición ciclista nacional que acollerá o vindeiro sábado, 4 de setembro

350 persoas participaron hoxe, a unha semana da etapa 20 de La Vuelta, no ‘Mos sobre rodas’. Entre elas a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto, o concelleiro de Deportes, José Areal, o edil de Medio Ambiente Sostible e Mocidade, Leo Costas, o concelleiro da parroquia de Cela, Gonzalo Alonso, a deputada autonómica, Feli Rodríguez; e usuarios/as e monitores/as de DisCamino.

 

[Img #71091]

 

O Concello de Mos, en colaboración con La Vuelta 21, a Asociación Cultural e Social de Herville, e a Asociación Veciñal e Cultural Celado de Cela, organizou esta tarde unha nova iniciativa enmarcada dentro do programa municipal de actividades con motivo da etapa 20 Sanxenxo-Mos (Castro de Herville) que terá lugar o vindeiro 4 de setembro.

 

Nesta ocasión trátase dun evento dirixido a todos os amantes do deporte sobre rodas, que puideron participar, tanto individualmente como en familia, no encontro ‘Mos sobre rodas’ que se celebrou a partir das 17.30 horas da tarde no Castro de Herville. O evento estaba pensado para públicos de todas as idades, que participen cos seus vehículos sobre rodas sen motor, tales como monopatíns, patíns, patinetes, bicicletas, triciclos… todas as alternativas eran posibles para unha tarde de lecer, deporte, música e cultura ao aire libre.

 

A actividade consistiu nun circuito pechado para todo tipo de vehículos sen motor, marcha MBT para maiores de 12 anos, andaina, actuacións de Argonat Band, Grupo Infantil de Gaitas Nosa Terra de Pereiras, Banda de Gaitas de Herville, Grupo de Gaitas e Baile Celado; merenda popular a base de empanada, auga e refrescos; e un sorteo de agasallos de La Vuelta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.