Vigo
VigoCultura oferta este outono 37 funcións
Xunto ao edil de Cultura, o alcalde presentou a programación do auditorio municipal do Concello, 37 funcións a cargo de 22 compañías que terán lugar desde a última fin de semana de setembro á última de novembro, con aforo reducido, protocolo Covid e dous pases por cada espectáculo.
O Concello elaborou unha programación “para todos os públicos” que arranca o 24 e 25 de setembro cunha función ao aire libre na rúa do Príncipe e continuará con circo, teatro, maxia, danza e monicreques. Abel Caballero destacou que a oferta inclúe tres compañías viguesas e dúas obras que se representarán por primeira vez en Vigo.
Ante a situación actual da pandemia, o auditorio da Praza do Rei terá o aforo reducido a 81 persoas, polo que o goberno de Vigo acordou programar dous pases para cada espectáculo: os venres e sábados nas creacións para público adulto e os domingos, cun función de mañá e outra de tarde, no caso das representacións dirixidas ao público familiar e infantil. Este xoves, 2 de setembro, saen ás entradas á venda e o Concello adica 140.000 euros á edición de outono.
“VigoCultura converteuse no núcleo central da actividade cultural da cidade de Vigo”, manifestou Caballero, quen indicou que, “hai moitos anos, finais do século pasado, a programación cultural facíaa a caixa de aforros, non había programación cultural desde o Concello”, mentres que “agora a programación practicamente íntegra nesta cidade faise desde o Concello”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149