Jueves, 23 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 23 de Abril de 2026 a las 20:47:23 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 06 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Smartpeme pon en marcha esta semana outros dous obradoiros online

Os días 7 e 8 de setembro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre Sendinblue e Instagram

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana dúas accións formativas impartidas de xeito online, da carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre as diferentes contornas visuais dispoñibles en Instagram e a plataforma de email márketing Sendinblue.

 

Este martes 7 impartirase o obradoiro “Contorna visual de Instagram: todo sobre contido de imaxe”, no que a titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico Lara Taboada falará das diferentes contornas da rede social, o tipo de contido que debe prepararse para cada unha delas, formatos máis axeitados, tendencias e consellos para mellorar o perfil.

 

Pola súa banda, o mércores 8, a posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas Fátima Faílde, impartirá “Ferramentas de Email Márketing: Sendinblue”, obradoiro no que se centrará nesta ferramenta que fai máis áxil, eficiente e rápido o proceso de creación dunha estratexia de márketing dixital. No seu transcurso crearase unha campaña de email, editaranse diferentes modelos e explicarase o seu funcionamento.

 

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.