Jueves, 23 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 23 de Abril de 2026 a las 21:26:54 horas

Xornal21.es
Lunes, 06 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Revenidas volve cunha ampla programación "en feminino"

Carmela Silva pon en valor o esforzo da organización por manter o evento musical durante a pandemia e “a capacidade da sociedade para crear cultura”

A poucos días para que Vilaxoán acolla unha nova edición do festival Revenidas, unha das citas indispensables dentro da programación cultural estival da provincia, a XVII edición foi presentada nun acto celebrado en Vilaxoán. A presidenta da Deputación, Carmela Silva; o alcalde, Alberto Varela; o director, Xoán Quintáns e outras autoridades foron as persoas encargadas de dar o pistoletazo de saída a un Revenidas que, segundo destacou Silva, “ten algo que o identifica: a recuperación da tradición para que, chegados a este  século XXI, non perdamos o que somos”. O acto de presentación contou actuación de Pauliña, que será unha das artistas do festival e que animou ás persoas asistentes a seguir os seus ritmos tocando as palmas. Tamén estivo presente o artista urbano O Ras, quen realizou un graffiti inspirado no festival.

 

A presidenta provincial agradeceu á organización do festival vilagarcián tódolos seus esforzos para levalo a cabo entre este próximo xoves, día 9, e o domingo, 12. “As persoas que organizan estes festivais sufriron moito para mantelos (referíndose ao conxunto dos eventos co selo provincial Rías Baixas Fest) e , ao seu xuízo, “amosaron que a sociedade ten unha enorme capacidade de crear cultura”. Agradeceu, ademais, á organización o seu compromiso coa igualdade por poñer grupos femininos no escenario e denunciou que, con todo, “aínda non hai un número suficiente, decente e igualitario de mulleres”. Silva valorou o feito de que Revenidas se teña sumado á campaña provincial contra as agresións sexuais. A presencia da Deputación refórzase tamén coa presenza do photo-call co globo da campaña provincial para poñer en valor aos produtores locais e a sustentabilidade. A presidenta provincial rematou mirando cara o futuro con optimismo e agardando que “no 2022 poidamos ter a sardiñada coas mellores revenidas que hai no mundo”.

 

Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía, lembrou que “Vilaxoán é unha terra de mariñeiros e mariñeiras, de amantes da música, unha terra de xente reivindicativa que transformou unha materia prima como foron as revenidas nun dos eixos de potenciación turística do territorio”. Ademais, agradeceu á Deputación a súa aposta pola cultura e incidiu na mensaxe de que “a cultura é totalmente segura”.

 

 

 

 

O alcalde, Alberto Varela, destaca o talento da xente de Vilaxoán para mesturar un produto do mar coa música e a promoción turística

 

 

 

 

Pola súa banda, Xoán Quintáns, director do festival, deixou claro que “Revenidas volve adaptado, intentando manter a súa esencia” e deu tamén as grazas a Deputación e a Turismo Rías Baixas por patrocinar de novo esta cita do verán vilagarcián. Aproveitou a ocasión para anunciar o “Revenidas ilustrado” que consistirá en que varias ilustradoras e ilustradores retratarán aos e ás artistas e as láminas que se venderán posteriormente nunha poxa empregándose o beneficio obtido para fins solidarios.

 

O Revenidas, unha das pezas integrantes do programa Rías Baixas Fest da Deputación de Pontevedra, volverá conxugar gastronomía, cultura mariñeira, circo e concertos abordo da tradicional “chasula”, o que converterá a asistencia nunha auténtica experiencia turística e cultural.

 

Programación
No Revenidas, que toma o seu nome das sardiñas da zona que teñen un sabor e un tamaño característico, conta cunha vintena de concertos nos que fai unha gran aposta pola música galega e a presenza de mulleres con  grupos con Tanxugueiras, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, A Banda da Loba, ademais dunha coidada escolma musical con Dakidarría, Ciudad Jara, Talco Maskerade ou Zoo. Ademais, haberá actividades paralelas de carácter cultural, lúdico e infantil que se desenvolverán dende o mércores, 8, ata o domingo, 12, e terán como epicentro a Praza Rafael Pazos. Entre elas destacan unha visita guiada e musicada pola vila con degustación de produtos mariñeiros titulada “Redescubre Vilaxoán con Xurxo Souto”, que terá lugar o día 8, e “Desastronauts”, un espectáculo de voadores realizado por Raquel Veganzones e Girisho Gordon, graduados na escola londinense The Circus Space. Toda a información do festival pode atoparse no seu sitio web (www.revenidas.com).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.