GALICIA
Feijóo destaca un investimento de 30m€ este verán para 400 centros educativos
O presidente da Xunta visitou esta mañá o novo CEIP Sagrado Corazón, en Lugo
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe un investimento de 30 millóns de euros este verán para levar a cabo 557 obras de mellora, en 400 centros educativos, que benefician a preto de 150.000 alumnos.
Durante unha visita esta mañá ao novo CEIP Sagrado Corazón, en Lugo, Feijóo avanzou ademais que a Xunta está licitando outras 84 actuacións por importe de 40 millóns de euros para executar en 2022, ao tempo que resaltou que a cidade da Muralla alberga, nestes momentos, a zona educativa con máis proxectos de obra previstos neste eido de toda Galicia.
Así, ademais deste novo CEIP, actualmente, están en marcha ou rematadas outras obras por valor de preto de 4 millóns de euros, como: o acondicionamento do pavillón compartido do IES Lucus Augusti e IES Ollos Grandes; a adecuación do ximnasio como talleres para ciclos de perruquería no IES Muralla Romana; a ampliación dos talleres de carpintería do CIFP Politécnico; e o novo edificio para a ampliación de ciclos e hostalería do IES Sanxillao, cuxa obra rematará neste primeiro trimestre do curso. “E para o período 2021-2024 temos previsto investimentos por valor de 3,6 millóns de euros en noutros centros da cidade”, engadiu.
Avanza que a Xunta está licitando outras 84 actuacións por importe de 40 millóns de euros para executar en 2022
Ao longo da súa intervención, o presidente do Goberno galego subliñou que, ademais de todos os programas e medidas implementados, este curso conta cun protocolo covid coñecido polas familias e os centros desde o 9 de xullo.
Nesta mesa liña, recordou que a pandemia tamén nos deixou unha reflexión sobre os espazos arquitectónicos que precisa o sistema educativo, recollidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que suporá un investimento de 191 millóns de euros, nesta lexislatura, para adaptar os centros escolares ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas.
A modo de exemplo, salientou que este novo CEIP xa incorpora mobiliario de innovación adaptado a este plan. En concreto, cun orzamento total de 4,26 millóns de euros, esta infraestrutura conta con capacidade para dar servizo a 450 alumnos, con: 6 aulas de educación infantil, 12 aulas de educación primaria e 4 aulas para apoio educativo e desdobramento de grupos, ademais de aula de música e de informática, biblioteca, ximnasio, comedor, zona de administración, servizos comúns e equipamentos deportivos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217