GALICIA
As entidades sociais que están a acoller refuxiados de afganistán reciben apoio da Xunta
A conselleira de Política Social reuniuse onte coas asociacións que forman parte do Programa de Protección Internacional
A conselleira de Política Social, Fabiola García, puxo á disposición das entidades sociais que están a acoller refuxiados de Afganistán en Galicia todo o apoio da Xunta no proceso de integración destas persoas que están a fuxir da inestabilidade do seu país. Na mañá de onte mantivo un encontro con representantes de Cruz Vermella, Diversidade, Ecos do Sur, Accem, Provivienda, Diaconía e Movemento pola Paz, o Desarme e a Liberdade (MPDL), as sete entidades que en Galicia forman parte do Programa de Protección Internacional.
Fabiola García explicou que este se trata dun encontro coas asociacións, coas que xa se mantén unha comunicación estreita e continua, que cumpre un dobre obxectivo: coñecer de primeira man a situación de todos os refuxiados que chegaron nas últimas semanas e trasladarlles as entidades a vontade do Goberno galego por achegarlles todas as facilidades.
O Goberno galego axudaralle en todo o que sexa posible, dentro da súas competencias, como na provisión de recursos básicos, na escolarización das nenas e nenos, no acceso á sanidade ou na inclusión de programas sociais para unha integración plena
A conselleira de Política social sinalou que a Administración autonómica axudaralle en todo o que sexa posible, dentro das súas competencias, como na provisión de recursos básicos, na escolarización das nenas e nenos, no acceso á sanidade ou na inclusión de programas sociais para unha integración plena.
Neste sentido, Fabiola García subliñou que o Goberno galego “non escatimará en esforzos e fará todo o posible para apoialos en todo o que sexa necesario para que en Galicia encontren a estabilidade que non tiveron no seu país de orixe”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217