PROVINCIA
Rueda “é momento de ser máis sensibles que nunca cos problemas e necesidades da cidadanía”
Nunha reunión que asistiron participantes e compromisarios dos concellos do Condado-Paradanta
O candidato a presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, reuniuse onte pola noite en Ponteareas con participantes e compromisarios dos concellos do Condado e Paradanta, dentro da campaña electoral interna de cara ao congreso provincial que se celebra o sábado 18 na cidade de Pontevedra. Rueda puxo en valor a importancia do municipalismo e da política de proximidade. “É momento de ser máis sensibles que nunca cos problemas e necesidades da cidadanía”, defendeu, e por iso recordou que o PP é o partido máis coherente, máis unido e máis sólido. “Fronte ás discusións continuas dos socialistas, ou as dúbidas dos nacionalistas, o PP sigue facendo o que se espera del. A nivel interno ser un partido cohesionado para destinar todo o noso tempo e esforzo para o que é importante para a provincia e para os 61 concellos”.
Así, destacou que esta unión permite que o PP estea centrado “en cuestións fundamentais, como as persoas, dar resposta ás súas necesidades e xestionar, para garantir a recuperación e o crecemento tras a pandemia”. Unha labor para a que, insistiu, o municipalismo, as entidades locais do PP, son fundamentais. “Os militantes son a base máis sólida, o músculo do noso partido”.
Destaca que o PP é o partido máis coherente, máis unido e máis sólido
A modo de balance, o candidato recordou que durante os últimos 5 anos o PP provincial fixo un traballo moi intenso de renovación, marcado polas numerosas citas electorais e, no último ano e medio, pola pandemia. Ademais, desde marzo de 2016 o PP sumou preto de 1.500 afiliados novos en toda a provincia, que é a que conta con maior número de afiliados en toda Galicia (máis de 30 mil).
De cara aos próximos anos, Rueda ofreceu experiencia, traballo e a mesma ilusión que o primeiro día. “Traballar todos xuntos para a recuperación da provincia”. O reto é trasladar os resultados das autonómicas do ano pasado ás eleccións municipais de 2023, “para garantir tamén nos concellos a estabilidade e o crecemento que ofrecen os Gobernos do Partido Popular”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49