MOS
O Concello de Mos adxudica a mellora da urbanización San Eleuterio en Tameiga
En dous meses renovaránse as beirarrúas e pavimentos das vías de circulación así como acondicionarase unha parcela municipal, coa finalidade de dotala de pavimento, vexetación e mobiliario urbano
Esta realizarase a través dunha axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia destinadas á creación ou mellora de infraestruturas en concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.
O prazo de execución é de 2 meses. E o orzamento total da obra ascende a 90.000,00 euros.
Esta liña de subvencións ten por finalidade humanizar as vilas galegas e frear o despoboamento, potenciando para elo as infraestruturas e servizos e mellorando o benestar e a calidade de vida da súa poboación. A axuda concedida para a mellora da Urbanización de San Eleuterio equivale ao 70% do custo total da actuación.
As obras da Mellora Interior da Urbanización de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, teñen por finalidade a renovar fundamentalmente de beirarrúas e pavimentos das vías de circulación e o acondicionamento dunha parcela municipal, coa finalidade de dotala de pavimento, vexetación e mobiliario urbano acorde co uso que se pretende. e van a consistir na demolición dos pavimentos asfálticos en mal estado, de pavimentación de vías de circulación e sinalización horizontal e vertical e pavimentación do novo espazo de recreo e execución de muros de cachotería e plantación de especies arbóreas e instalación de mobiliario urbano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.26