Jueves, 06 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 09 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

"Merca na Rúa" chega ao Porriño nesta fin de semana

Sergio Casal, concelleiro de Comercio e Noelia Conde, xerente da asociación de comerciantes do Porriño (ACIPOR) presentaron hoxe a edición número 24 da feira de oportunidades "Merca na rúa" que terá lugar a vindeira fin de semana do sábado 11 e domingo 12 de setembro, con el patrocinio del Concello do Porriño.


Haberá 26 postos de venda, colocados na zona peonil, cunha ampla representación de sectores e produtos. "Desde roupa e calzado ata lencería, mercería, óptica e accesorios. E con descontos do 50, 60 e ata o 70%", segundo indicou a voceira de ACIPOR.


O concelleiro Casal Quintas chamou "a toda a veciñanza porriñesa a acudir, participar e mercar porque fai falla o noso máximo apoio ao comercio local neste intre de dificultades".


Neste ano 2021 non houbo feira en primavera, debido ás restricións pola pandemia.  


Os organizadores anunciaron que os postos de venda estarán abertos o sábado 11 entre as 10:00 e as 21:00 horas; e o domingo 12, entre as 11:00 e as 20,30 horas.


Amais haberá actividades de entretemento e de lecer para cativos cun parque de inchables, xogos populares, títeres e personaxes de Disney. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.