CULTURA
O ciclo que percorrerá Galicia en homenaxe ás mulleres galegas a través das artes
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou esta semana na presentación do ciclo ‘Mulleres mirando ás mulleres’ que mesturará música, literatura e pintura
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou esta semana na presentación do ciclo Mulleres mirando ás mulleres, unha iniciativa conta co apoio da Xunta e que percorrerá varias localidades galegas para homenaxear a distintas mulleres a través das artes.
Mulleres mirando ás mulleres é un proxecto que une música e literatura da man de artistas como a compositora e pianista Julia Mª Dopico, acompañada das tamén intérpretes Isabel Pérez Dobarro (piano), Raquel Areal Martínez (violín) e Sara Areal Martínez (violín). Elas serán as protagonistas dos catro concertos que se levarán a cabo ao longo deste mes de setembro nas cidades de Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol, en homenaxe a figuras senlleiras das artes en Galicia como Rosalía de Castro, Eugenia Osterberger, Fanny Garrido ou Maruxa Mallo, entre outras.
Como expresou o secretario xeral de Cultura durante a rolda de prensa, trátase dunha iniciativa que demostra “o potencial creativo que temos en Galicia e a importancia que a arte, nas súas diferentes manifestacións, ten á hora de render homenaxe a algunhas das nosas principais figuras”, expresou.
Distintas artistas realizarán propostas en homenaxe a figuras como Rosalía de Castro, Eugenia Osterberger, Fanny Garrido ou Maruxa Mallo, entre outras, en Lugo, Ferrol, Ourense e Pontevedra durante este mes de setembro
Anxo M. Lorenzo agradeceu á organización o esforzo por poñer en marcha esta iniciativa que, como recordou, está enmarcada no compromiso da Xunta por “dar continuidade á cultura coa máxima seguridade sanitaria e apoiar aos profesionais que durante todo este verán no que programamos máis de 3.000 actividades deron mostras da súa fortaleza”, indicou.
O ciclo, presentado hoxe no Museo das Peregrinacións e de Santiago, divulgará ao público as figuras como Rosalía de Castro; Fanny Garrido, que formou parte da Real Academia Galega e traduciu a obra de Goethe; Eugenia Osterberger, que destacou pola súa contribución á consolidación de músicas culturas de raíz galega; á pintora e intelectual Maruxa Mallo, así como tamén da artista María Balteira, que protagonizou moitas cancións e poemas de trobadores medievais.
Datas e lugares
Os concertos incluirán poemas das homenaxeadas, textos creados polas intérpretes e compositoras e intervencións que expliquen as pezas musicais.
As actividades empezarán o próximo día 17 deste mes en Ferrol (ás 21,00 horas no Teatro Jofre) e continuarán o día 18 en Lugo (ás 20,00 horas no Círculo das Artes) e o 24 de setembro en Ourense (ás 20,30 horas no Liceo de Ourense). O ciclo pecharase o día 25 de setembro en Pontevedra (no salón nobre do Liceo Casino de Pontevedra ás 20,30 horas).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184