Viernes, 24 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 24 de Abril de 2026 a las 08:35:02 horas

Xornal21.es
Viernes, 10 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta lamenta que a Deputación de Pontevedra rexeite colaborar e prestar axuda aos concellos

As afirmacións da presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra sobre o anteproxecto de lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga son rotundamente falsas.  O descoñecemento por parte da presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra da norma en tramitación non xustifica as falsidades manifestadas, que deben ser rectificadas.

 

O proxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga que está a impulsar a Xunta non supón a creación de ningún novo tributo nin taxa aos cidadáns, nin suba dos xa existentes.

 

O único que fai o novo texto normativo que está en tramitación é reordenar os tributos xa existentes, cunha denominación máis acorde ao recurso que se está gravando, pero sen crear novas taxas que repercutan nos usuarios. Polo tanto, é rotundamente falso que se creen novos tributos.

 

En relación con concellos, a lei concreta para o gravame de perdas en rede que xa se estableceu hai 3 anos por lei, pola Lei de garantía do abastecemento para gravar a aqueles municipios que teñan perdas de augas por unha mala xestión das súas redes, atendendo aos principios de eficiencia e sustentabilidade que debe rexer a xestión de todas as administracións públicas, tendo en conta o contexto de cambio climático no que estamos inmersos. 

 

A Xunta lamenta que a Deputación Provincial de Pontevedra rexeite colaborar e prestar axuda aos concellos, ante as dificultades técnicas e económicas contrastadas que teñen para xestionar axeitadamente os seus servizos de auga municipais.

 

Sorprende, ademais, por insólito, que a Deputación Provincial de Pontevedra renuncie a exercer as competencias que ten legalmente atribuídas na Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, de apoiar aos concellos no desenvolvemento das súas competencias, especialmente aos municipios máis pequenos, de menos de 20.000 habitantes.

 

A Xunta agarda que a presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra rectifique a súas declaracións, que conteñen graves falsidades, e se sume ao camiño da colaboración e o apoio aos concellos ao que está obrigada por lei. 

 

O obxectivo da Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga é crear un marco normativo para regular o apoio aos concellos nas súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración das augas, creando un novo modelo de xestión, ao que os concellos se poderán adherir de xeito voluntario, para garantir a calidade nos servizos, a eficiencia na explotación das infraestruturas e a viabilidade económica dos sistemas.

 

A lei permitiralles, polo tanto, aos concellos poder encomendarlle á Xunta, de xeito voluntario, o funcionamento dos seus sistemas de abastecemento e depuración, e garantir a calidade e a eficacia na prestación destes servizos aos seus veciños.

 

A Xunta anima ás distintas administracións, colectivos e axentes sociais a participar de  forma activa na elaboración da nova lei, que está actualmente en trámite de audiencia pública, trasladando as súas achegas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.