SALVATERRA DE MIÑO
A Xunta abre dúas novas aulas na escola infantil de Salvaterra de Miño
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou a semana pasada este centro para comprobar o resultado das obras realizadas
A conselleira de Política Social, Fabiola Garcia, visitou a escola infantil de Salvaterra de Miño, onde a Xunta vén de abrir dúas novas aulas coas que o centro pasa de catro a seis unidades e aumenta ata 82 as prazas de 0 a 3 anos ofertadas, 21 máis que no curso pasado. Fabiola García destacou que con esta ampliación, ademais de atender as necesidades de conciliación dun maior número de familias, “ponse a disposición destas e dos seus pequenos unhas instalacións melloradas, con máis espazo e maiores comodidades”.
As obras supuxeron un investimento de 251.000 euros. Desta contía, a Administración autonómico achegou 211.000 euros, incluídos os custes do equipamento e cun 80% sufragado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. O Concello de Salvaterra de Miño asumiu os 40.000 euros restantes.
Póñense a disposición das familias 21 prazas máis que o curso pasado, distribuídas en seis unidades; así como unhas instalacións melloradas, con mais espazo e maiores comodidades
O resultado desta actuación é unha escola infantil cunha imaxe renovada e con maior superficie útil. Os traballos consistiron na creación dunha edificación anexa na que se emprazan as dúas novas aulas cos seus aseos. Así mesmo, ampliouse a sala de usos múltiples e habilitouse unha zona para que as familias poidan deixar os carriños dos nenos.
Apoio ás familias
A conselleira de Política Social salientou o traballo do Goberno galego para levar os servizos de conciliación alí onde son necesarios, con medidas como o incremento da oferta de prazas en escolas infantís e a súa gratuidade para os segundos fillos e sucesivos. Tamén se referiu ás casas niño para atender as nais e pais que viven no rural; ou ás axudas do Bono Concilia, para que as familias que non accederon a unha praza pública elixan o centro que desexen para os seus fillos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217