Baiona
A Xunta adaptará os horarios de transporte público entre Baiona e o Campus Universitario de Vigo
Os axustes afectan a un servizo de ida, que adiantará 30 minutos a partida actual desde A Guarda cara a Vigo, quedando fixada ás 07,45 horas; e a un servizo de volta, que retrasa a saída 15 minutos desde o campus, ás 20,45 horas
A Xunta adaptará, desde o luns, día 20 de setembro, os horarios dos servizos de transporte público entre Baiona e o Campus Universitario de Vigo, atendendo á demanda trasladada polos comerciantes e empresarios de Baiona.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantivo un encontro con representantes de ACEBA, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, na que tamén estivo presente o alcalde, Carlos Gómez.
Na reunión, a titular de Infraestruturas e Mobilidade explicou que a Xunta xa aprobou a adaptación de dúas expedicións de transporte público ao horario solicitado por ACEBA e que estes cambios se farán efectivos o 20 de setembro.
Concretamente, os axustes de horarios afectan a un servizo de ida, que adiantará 30 minutos a partida actual desde A Guarda cara a Vigo, polo que a saída, a partir do día 20, quedará fixada ás 07,45 horas; e tamén a un servizo de volta, que retrasa 15 minutos a saída do Campus Universitario de Vigo, fixándose nas 20,45 horas.
Segundo explicou Ethel Vázquez, estes axustes horarios nestas dúas expedicións permiten atender ás demandas dos estudantes que cada día se desprazan desde Baiona ao campus de Vigo, evitando que cheguen tarde ás clases, ao adiantar a chegada, prevista a partir do día 20 antes das 09,00 horas (ás 08,43 horas). De igual xeito, o retraso no horario de saída pola tarde, facilitará a volta dos estudantes cara aos seus domicilios.
Estas modificacións nos horarios son especialmente importantes, tendo e conta que ACEBA está a impulsar un proxecto para crear un campus residencial universitario que ten por obxectivo converter Baiona en cidade dormitorio dos mozos que estudan na Universidade de Vigo.
Ethel Vázquez salientou, ademais, que a Dirección Xeral de Mobilidade seguirá a evolución da demanda dos servizos de transporte público desde Baiona ao Campus Universitario de Vigo para, no caso de ser necesario, estudar a posibilidade dun reforzo nos servizos.
Lembrou que o Plan de Transporte Público de Galicia permitiu dotar ao concello de Baiona de servizos directos co campus vigués, que antes da implantación dos novos servizos de transporte da Xunta, en decembro de 2020, non existían.
Actualmente, o concello de Baiona dispón de 2 servizos de ida e 2 de volta directos co campus de Vigo, e unha ida e unha volta adicionais, con transbordo na Ramallosa.
Ethel Vázquez puxo en valor, ademais, a tarxeta Xente Nova da Xunta, que lle permite aos mozos menores de 21 anos viaxar gratis no autobús interurbano, o que supón facilitar aos mozos galegos o acceso aos servizos educativos, ademais dun importante aforro para as familias.
A día de hoxe, preto de 900 mozos do concello de Baiona dispoñen da tarxeta Xente Nova coa que poden viaxar de balde en calquera das 3.300 liñas renovadas da Xunta polos 313 concellos galegos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141