Lunes, 16 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 16 de Marzo de 2026 a las 19:11:14 horas

Xornal21.es
Jueves, 16 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Vinte desempregados traballarán no Paseo do Louro e os Muiños municipais

Inclúe tamén a especialidade de atención sociosanitaria, debido a alta demanda de postos de emprego neste sector

O Concello de Mos, ven de recibir unha axuda de 376.946 € para a posta en marcha do  Obradoiro dual de Emprego “SOMOS MOS”, a través dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.


Este Obradoiro vai a permitir que 20 mosenses poidan formarse nas especialidades de Atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio e albanelería,  durante 9 meses.


A través da especialidade de albanelaría vanse realizar actuacións no Paseo do Río Louro que consistirán na reparación dos bordos do paseo e a consolidación de soleiras existentes, reparación de cimentacións de mobiliario urbano, así como reparacións de muros. Actuarase tamén no Muiño do cubo onde se van a realizar obras de delimitación da parcela, limpeza das paredes do Muiño e consolidación destas e da canle, realizadas en mampostería de pedra do país e obras de rehabilitación necesarias para a restauración e conservación do Muiño.


A especialidade de atención sociosanitaria, está enfocada a poder cubrir con persoal cualificado a alta demanda de postos de emprego neste sector. Este Obradoiro conseguirá que a súa cualificación non sexa só teórica senón que os alumnos poderán poñer en practicas os seus coñecementos adquiridos con exemplos diarios de atención.

É necesario realizar unha substitución  xeracional entre os actuais traballadores e que mellor forma que aprender da experiencia deles. Ademais existe un crecemento na demanda destes servizos debido ao envellecemento da poboación eo crecemento da esperanza de vida.


Aquelas persoas que teñen interese en poder solicitar a participación no Obradoiro de Emprego “Somos Mos”, poden solicitalo a través da oficina virtual do SPEG  (https://emprego.xunta.gal/portal/es/) ou acudindo as instalacións da Axencia de colocación do concello de Mos ( sita na Avda. de Peinador 39 /986487786).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.26

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.