Sábado, 04 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 03 de Abril de 2026 a las 09:23:12 horas

Xornal21.es
Viernes, 17 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A OMIX de Tomiño oferta varios cursos formativos para setembro e outubro

Un obradoiro de lettering, un curso de podcasting e outro de francés, entre as actividades ofertadas

A OMIX de Tomiño continúa coa súa oferta formativa para os meses de setembro e outubro. Esta semana comezará o seu obradoiro de iniciación ao lettering, un curso para iniciarse na arte de crear composicións con letras derivadas que supuxo todo un éxito no número de inscricións, especialmente entre o público adolescente.

 

Ademais deste obradoiro, desde a oficina municipal informan de que aínda están abertas as inscricións para o curso de podcasting, unha actividade que pretende proporcionar todos os coñecementos creativos, técnicos e de distribución de contidos dixitais sonoros en formato podcast coa intención de que o alumnado asistente teña total autonomía para crear os seus propios contidos e poda dar a coñecer os seus proxectos, traballos e intereses. O curso será online, terá lugar os días 18 e 25 de setembro en horario de 9:30 a 14:30 horas, ten un prezo de 10 euros e está dirixido preferentemente á poboación con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.

 

Do mesmo xeito, a oficina continúa coa súa aposta estratéxica pola formación en idiomas, unha actividade con moita aceptación e demanda entre a poboación xuvenil. Para o mes de outubro tamén está prevista a realización dun curso de Francés nivel A1.2, que será impartido de forma online por unha profesora nativa cunha metodoloxía activa e participativa que favoreza a aprendizaxe do idioma dunha forma divertida. A data de inicio será o 13 de outubro e os horarios serán todos os mércores de 20:00 a 22:00 horas. Está dirixido a un público preferente con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos e ten un prezo de 10 euros.

 

Para inscribirse nestes cursos cómpre cubrir un formulario a través da páxina web do Concello de Tomiño en https://tomino.gal/.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.