Miércoles, 05 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 16 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello do Porriño presenta catro modificacións sobre os orzamentos prorrogados

Alejandro Lorenzo reclama “a elaboración dun presuposto para xestionar debidamente o Concello do Porriño”, xa que nos últimos anos se fixeron máis de 80 transferencias de crédito

No pleno celebrado este mércores 15 de setembro, o goberno municipal do Porriño presentou catro modificacións orzamentarias sobre os orzamentos prorrogados que se elaboraran no ano 2018. O importe destas modificacións supera os dous millóns de euros en total.

 

Deste xeito, o Concello do Porriño continúa, case catro anos despois, sen presentar proposta orzamentaria algunha.

 

Nesta situación, os seus socios de goberno, quen apoiaron a investidura no seu día, cun pacto de goberno no que pedían que nos primeiros 100 días de goberno se presentaran uns novos orzamentos, así como inversións nas parroquias e casco urbano; “claudican unha vez máis cunha parálise nunca antes vista e tentando resolver a situación con modificacións orzamentarias á carta.”

 

 

 

 

“Os ingresos anuais por multas de tráfico no Concello do Porriño soe roldar os 250.000 euros, e o goberno nos sorprende coa cifra do 2021, que ascenderá a un total de 904.230 , pola cal pediremos o informe correspondente.”

 

 

 

 

Mentres a situación do concello é nefasta, co total abandono dos parques infantís, camiños e vieiros; onde a limpeza, rozas e saneamento é inexistente.

 

Estas, tal e como sinala o voceiro do PP Alejandro Lorenzo “son as necesidades que levamos reclamando durante moito tempo, xa que non se pode xestionar un concello adecuadamente sen demostrar interese polo pobo e sen a elaboración duns orzamentos”. Ante esta situación de desorde “os seus socios do goberno non foron quen de presentar nos case catro anos de goberno, un novo borrador de orzamento municipal, unha prioridade para un concello que supera os 20.000 habitantes”.

 

Ademais, advirte, que nas modificacións orzamentarias que se presentaron no último pleno “o goberno municipal non pode buscar partidas e inventar ingresos para xustificar tódolos gastos que precisa este concello”. Así consta nos informes de posibles ingresos anuais, cunha contía elevadísima, nos que os referidos ás multas de tráfico pasarán dos 250.000 euros anuais ós 904.230 euros no ano 2021, feito polo cal pediremos o informe correspondente ó goberno municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.