GALICIA
A Xunta concede 5m€ en axudas a 773 comerciantes e obradoiros artesanais
Feijóo explica que estes apoios contan con dúas liñas, unha destinada á dixitalización comercial e outra á adquisición de equipamentos propios da actividade comercial
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou da concesión de 5 M€ de axudas a 773 comerciantes e obradoiros artesanais dirixidas a impulsar a dixitalización e modernización dos seus negocios e que lles permitirán poñer en marcha unhas 2.329 actuacións.
Nesta liña, avanzou que estes apoios contan con dúas liñas, unha destinada á dixitalización comercial, con 2.188 actuacións, entre as que destacan a mellora da imaxe dixital ou a creación de páxinas web; e outra dirixida á adquisición de equipamentos propios da actividade comercial, con 141 actuacións.
Ademais, o presidente da Xunta lembrou que esta non é a única medida que se está a poñer en marcha para axudar ao sector a adaptarse aos novos hábitos de consumo. Sobre este punto, recordou o impulso do Bono Activa Comercio, que xa leva mobilizados 18,3 M€ e foi descargado por 210.000 persoas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217