Lunes, 27 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 26 de Abril de 2026 a las 09:03:17 horas

Xornal21.es
Domingo, 19 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A sala de exposicións do Palacete das Mendoza reabre tras ano e medio de pandemia

A primeira exposición “Galicia na miña pintura” de Rosa Crespo, poderá visitarse ata o 3 de outubro

[Img #71362]Tras ano e medio de pandemia a sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, reabre as súas portas con tres mostras xa pechadas entre setembro e decembro e ata 18 solicitudes. “Debemos democratizar a cultura e isto pasa tamén por dispoñer de espazos onde a xente que se dedica ás artes plásticas poida expoñer toda a súa creatividade” subliñou Carmela Silva ao anunciar a reapertura do espazo.

 

A volta á actividade da sala de exposicións do Palacete das Mendoza traerá consigo a posta en marcha de itinerarios definidos e adaptados ás normas de prevención da covid-19 e cun aforo máximo permitido de ata 20 persoas. O que non cambiará será o procedemento para optar ao espazo, que será por rigorosa orde de solicitude.

 

 

 

 

Carmela Silva: “Debemos democratizar a cultura e isto pasa por dispoñer de espazos onde a xente das artes plásticas poida expoñer toda a súa creatividade”

 

 

 

 

“Galicia na miña pintura” de Rosa Crespo, poderá visitarse desde hoxe no Palacete ata o 3 de outubro e terá como protagonista á camelia. Crespo, nada en Brasil pero residente en Marín dende o ano de idade, estudou na Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia en Pontevedra, especializándose en Pintura e Escultura. A súa obra está chea de cores intensas e, na procura da reprodución da aparencia da realidade, a artista traballa de maneira especial a representación da camelia da que é unha grande cultivadora. Amais das naturezas mortas, as súas pinturas tamén abordan a paisaxe, concretamente a galega, cunha grande harmonía e riqueza de matices.

 

Están xa programadas outras dúas mostras de pintura neste último trimestre de 2021 que protagonizarán Juan Carlos Codeside, entre o 22 de outubro e o 7 de novembro, e Julia Barreiro, entre o 19 de novembro e o 5 de decembro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.