Mos
Os socialistas e o BNG de Mos piden diálogo con Montes de Tameiga
Na tarde do pasado mércores, mantívose unha reunión entre o equipo de goberno, representantes dos partidos da oposición e un grupo de empresarios que son os que actualmente encóntranse en negociacións ca Comunidade de Montes de Tameiga, para manter as súas empresas en solo mosense ó remate dos seus contratos.
Segundo os socialistas “das empresas que están en solo dos comuneiros, algunhas renovaron o contrato de aluguer e catro empresarios son os que están tendo máis dificultades para chegar a entendemento”. Na reunión, os socialistas din que asistiron “para escoitar a posición dos empresarios” xa que afirman que “desexan que se chegue a un entendemento, sen perxudicar así o tecido empresarial de Mos”.
Os socialistas expresan a súa preocupación ante a posición do concello ca Comunidade de Montes de Tameiga. A voceira socialista, Victoria Alonso, solicítalle ó Concello de Mos que manteña unha reunión ca Comunidade de Montes e que intente exercer unha capacidade mediadora por ser a administración que máis preto está de ámbalas partes. Alonso insiste nesta postura xa que na propia reunión, algún empresario dixo que sería bo esgotar tódalas opcións de dialogo. Fronte a esta idea temos a postura da alcaldesa, que a voceira socialista tacha de partidista e irracional de non querer sentarse con Tameiga baixo ningún concepto. Alonso finaliza dicindo que unha alcaldesa debería saber deixar a un lado terceiras cuestións cando se trata dun tema de interese veciñal.
O concelleiro do BNG, Gustavo Barcia, asegura que acudiu “con ánimo construtivo e á procura dunha solución beneficiosa para todas as partes”, pero a negativa do PP a convidar á Comunidade de Montes supón unha barreira para chegar a acordos.
Entre as propostas achegadas polos nacionalistas figura a de “exercer presión sobre a Xunta de Galiza para que poña a disposición destas empresas as parcelas libres do polígono da Veigadaña cunhas condicións vantaxosas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49