Lunes, 27 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 27 de Abril de 2026 a las 12:06:55 horas

Xornal21.es
Miércoles, 22 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación destinará máis de 314.000 € á calidade turística

Carmela Silva: “Podemos presumir de ser a provincia de todo o Estado con maior número de empresas co selo SICTED. Apostar pola calidade é o instrumento fundamental para seguir crecendo como destino turístico sostible.”

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente para contratar o servizo de implantación e desenvolvemento do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) na provincia. A Deputación destinará máis de 314.000 € para revalidar o seu compromiso coa calidade turística no 2022 e 2023 porque, como asegurou a presidenta Carmela Silva, “apostar pola calidade é o instrumento fundamental para seguir crecendo como destino turístico sostible”.

 

“Podemos presumir –indicou - de ser a provincia de todo o Estado con maior número de empresas co selo de compromiso de calidade turística do SICTED. A xente precisa de boas noticias e de sentir o orgullo de vivir na provincia máis avanzada de Galicia”. Nestes momentos son 349 as empresas de todos os sectores do turismo que están a traballar no modelo SICTED na provincia de Pontevedra. Neste eido a presidenta aproveitou a ocasión para felicitar ás empresas polo enorme esforzo que fan para poder acadar este distintivo e amosou o seu desexo de “sumar máis entidades co selo de calidade, porque contar co compromiso de calidade ten grandes beneficios para as empresas e a provincia”.

 

O novo contrato para seguir implantando, consolidando e desenvolvendo o SICTED na provincia vai aliñado co Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas 2021-2023, que marca entre os seus obxectivos a mellora da competitividade do destino e contempla accións encamiñadas a espallar o compromiso coa calidade. Deste xeito está previsto que se desenvolvan actividades para a consolidación, xestión, formación e continuidade do SICTED e crear e manter, así, unha estrutura permanente de xestión da calidade na provincia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.