GALICIA
Unha campaña conciencia aos peóns e aos condutores de que son “pezas fráxiles”
A iniciativa, emprega figuras con estética de Sargadelos para apelar á responsabilidade individual dos usuarios da estrada
A Xunta de Galicia vén de pór en marcha unha campaña de concienciación en seguridade viaria que ten como obxectivo lembrarlles tanto aos peóns como aos condutores que “na estrada somos pezas fráxiles”, empregando como reclamo figuras con estética de Sargadelos.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, presentou esta iniciativa xunto coa delegada de STOP Accidentes en Galicia, Jeanne Picard, e o presidente de Sargadelos, Segismundo García.
Na súa intervención, Vázquez Mourelle presentou esta campaña como o “pistoletazo de saída” para a elaboración do novo Plan de seguridade viaria de Galicia 2021-2025 e convidou aos diferentes axentes sociais e institucionais a participar activamente na súa elaboración para avanzar no obxectivo final das cero vítimas nas estradas.
Lembrou que a suma de esforzos e o traballo conxunto das administracións e a sociedade permitiu reducir significativamente as cifras de mortos en accidentes nos últimos anos, pasando dos 144 falecidos en 2011 aos 90 rexistrados en 2019.
A conselleira apuntou que estas cifras continúan a ser inasumibles porque cada vítima nas estradas “é un drama” e por iso o novo Plan de seguridade viaria 2021-2025 ten como lema “Visión cero’, en referencia á eliminación total dos mortos en accidentes, un obxectivo que, dixo, require da implicación de todos.
Nese sentido, Ethel Vázquez puxo en valor o esforzo que realiza a Xunta por reforzar a seguridade viaria nas estradas autonómicas, apuntando a necesidade de contar coa implicación da sociedade no seu conxunto e a nivel individual “para acabar coa lacra dos accidentes de tráfico”.
Nese obxectivo enmarcou a nova campaña presentada, que dá continuidade a outras previas, centradas en usuarios vulnerables, como os ciclistas, ou na alerta sobre os riscos das distraccións ao volante.
Nesta ocasión, para contribuír a evitar que a recuperación da mobilidade se vexa empañada polos accidentes de tráfico, a Xunta pon en marcha unha campaña que apela á responsabilidade individual de peóns e condutores, lembrándolles que son “pezas fráxiles” cando usan as estradas.
Co lema “Mirar por min é mirar por todos”, a campaña lembra que, ademais de protexerse do virus, os cidadáns deben previr o risco de accidentes, adoptando unha serie de medidas que supoñen coidar dun mesmo, pero tamén do resto de usuarios da estrada.
A primeira fase da campaña centrou a súa atención nos peóns, lembrándolles a necesidade de empregar prendas reflectoras, de camiñar pola esquerda da estrada sempre que non exista senda ou beirarrúa, ou de escoller o lugar máis seguro para cruzar.
A campaña retomarase en outubro poñendo o foco nos condutores, que co cambio de estación deben adaptar a súa circulación ás condicións climatolóxicas e asegurarse de que o vehículo se atopa no estado axeitado.
Plan de Seguridade Viaria 2016-2020
Rematado o período de vixencia do actual Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, a Axencia Galega de Infraestruturas xa comezou a elaborar un novo Plan de Seguridade Viaria 2021-2015. O Plan enmárcase nas estratexias actuais de carácter nacional e internacional de seguridade viaria e na aplicación dos principios de Visión Cero para a redución de vítimas e falecidos por accidentes nas estradas galegas.
O lema que informa o plan é o da “Visión cero”, é dicir, que o horizonte buscado coas medidas que desenvolverá o Plan é o da redución ao mínimo posible das vítimas en accidentes de tráfico nas estradas galegas, de modo que nos aproximemos a un obxectivo final de cero vítimas de accidentes de tráfico.
Entre as medidas levadas a cabo pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nos últimos anos dentro do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, que tiña como obxectivo reducir nun 50% as vítimas mortais nas estradas galegas, con respecto ás rexistradas no ano 2011, destacan o reparto de 33.000 prendas reflectantes ou os cursos gratuítos de condución segura, para 800 motoristas.
Tamén se realizaron campañas de sensibilización, dirixida a nenos de educación primaria, baixo o lema “O corazón está do teu lado”, ademais de Campañas en medios de comunicación para evitar as distraccións ao volante.
A estratexia para eliminación de TCAS e outras obras específicas de mellora da seguridade viaria tiveron un investimento de 15,80 M€.
Tamén se elaborou o Plan de Rutas Ciclistas Protexidas en Galicia, en colaboración coa DGT e a Federación galega de Ciclismo, coa que se determinaron 10 rutas que discorrían por estradas autonómicas.
As actuacións de reforzos de firme, sendas e inspección de obras de paso foron outras das medidas adoptadas xunto coa mellora da seguridade, accesibilidade e integración paisaxística dos Camiños de Santiago.
Tamén se realizaron traballos para disuadir aos animais das estradas, como prismas reflectantes ou repelentes olfativos, ou máis específicos de tala e desbroce de marxes en dominio público viario en estradas autonómicas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217