MOTOR
Novo 500X Dolcevita: agora, con novas versións convertibles
O 500X debutou na súa variante convertible equipada cun teito retráctil de lona –unha solución inédita no segmento dos crossovers– con dúas series especiais exclusivas de lanzamento: a Yacht Club Capri e a Dolcevita Launch Edition, inspiradas respectivamente no mundo dos iates de luxo e no concepto da Dolce Vita. A resposta do mercado foi moi positiva e por iso, na gama 500X do mercado español, os acabados Connect e Sport tamén están xa dispoñibles en versión convertible.
O teito retráctil de lona “ Dolcevita” ábrese en tan só 15 segundos simplemente presionando un botón, mesmo en marcha a velocidades de ata 100 km/h, e deseñouse para manter intacta a capacidade de carga do maleteiro. Asegura ademais unha boa visibilidade e a posibilidade de que todos os pasaxeiros, incluídos os do asento traseiro, gozar de viaxar ao descuberto. Dispoñible en cor negra ou vermella para combinar coas 10 cores de carrocería da gama, este elegante teito de lona diríxese a aqueles clientes que buscan unha experiencia de condución dun coche convertible, pero que, á súa vez, non queren renunciar á versatilidade que ofrece un crossover como o 500X.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40