Martes, 17 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 17 de Marzo de 2026 a las 10:03:17 horas

Xornal21.es
Jueves, 23 de Septiembre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Concello e Xunta apoian ao VI Festival Intercéltico 'O Son do Pazo 2021'

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, reuníronse esta tarde coa organización do evento, que se celebrará esta fin de semana e para o que xa están todas as entradas esgotadas

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, reuniuse esta tarde no Pazo de Mos cos membros da organización do VI Festival Intercéltico O Son do Pazo 2021, e coas representantes municipais Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, e Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Turismo mosense.

 

 

O representante da Xunta puxo en valor esta cita para divulgar tanto a nosa música como os oficios tradicionais vencellados a ela. Un evento que se celebrará esta mesma fin de semana con acceso gratuíto pero para o que xa non quedan entradas dispoñibles.

 

O Son do Pazo 2021 conta co apoio do Concello de Mos e a Xunta de Galicia. O festival está organizado polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos e celebrarase este venres 24 e sábado 25. 

 

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor citas como o festival mosense, “que afondan na música galega e de raíz e que contribúen ademais á divulgación dos oficios máis tradicionais vencellados á nosa historia musical”. Non en balde, durante os dous días do festival, desenvolveranse mostras de coiro e instrumentos tradicionais e diferentes obradoiros.

 

No eido das actuacións, abrirán o festival o grupo Fillos D’Pile e a banda de gaitas do Casco Vello. A sesión vermú do sábado correrá a cargo de Cé Orquestra pantasma e Acordeireta, mentres que pola tarde será a quenda de Artur Puga (cun obradoiro de baile) e da banda de gaitas Airiños do Castelo. Lagharteiras, Fiandola e Pelepau porán o ramo ao festival.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.