DEPORTES
Deporte Galego aproba o Patrocinios dos Equipos de Alta Competición Femininos
A convocatoria será publicada nas vindeiras datas no Diario Oficial de Galicia, e está dotada con 254.000 euros
A Xunta de Galicia, a través da Fundación Deporte Galego, ven de aprobar a II Edición do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de 1º e 2º Máximo Nivel Estatal de Galicia 2021.
O plan diríxese ás entidades deportivas que na tempada 2020/2021 contaron con equipos nas competicións femininas de 1º e 2º máximo nivel estatal e que cumpran cos seguintes requisitos: que a competición se estruture en niveis regulados con ascensos e/ou descensos, que a competición se desenvolva en 7 ou máis xornadas, que as xornadas sexan de ida e volta (ou xornadas como local e visitante), que no espazo de competición participen de forma simultánea 5 ou máis integrantes do mesmo equipo e, por último e para o caso do 2º máximo nivel, que se trate dunha modalidade ou especialidade olímpica ou paralímpica.
O plan conta coa colaboración da Secretaria Xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade
Fronte aos 150.000 euros de dotación da súa primeira edición o pasado ano, o plan estará dotado agora con 254.000 euros, cantidade que se suma ás percibidas nesta mesma tempada polos equipos femininos de alta competición dentro do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia, tamén da Fundación Deporte Galego, e ao que igualmente teñen acceso tamén os equipos femininos. Neste plan xeral, xa resolto pola Fundación, resultaron beneficiados 99 femininos por mais de 1.310.000 euros.
Nesta II edición do plan especificamente destinado ao deporte feminino, a Fundación Deporte Galego continúa contando coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163