ACiP demanda a modificación da ordenanza que regula a taxa por apertura
Para Alternativa Ciudadana de Ponteareas resulta "elemental incentivar a xeración de emprego na cidade, máis se cabe na situación na que nos atopamos tras a crise da Covid-19, e as súas consecuencias co peche de moitos pequenos e medianos negocios".
"Unha das principais medidas que facilitarían o crecemento económico e na que o Concello de Ponteareas ten responsabilidade, e a regulación, mediante ordenanza municipal, das taxas para a licencia de apertura ou cambio de titularidade dentro do abono polo Imposto de Actividades Económicas (IAE)" explican.
"Nestes intres atopámonos cunha taxa na que non existe equidade entre os cidadáns, xa que en actividades similares, pero con distinto epígrafe no IAE existen diferenzas no abono de ata o triplo entre unhas e outras, atopando negocios que paguen 300 € mentres outros co mesmo tamaño superan os 900 €, unha cantidade desproporcionada para quen busca arrincar unha actividade" sinalan.
Engaden que "para solventar este trato discriminatorio, dende ACiP propomos que se estableza unha tarifa plana en función dos metros do local, cunha base equitativa. Con este cambio incentivaríase o emprendemento dende a administración máis próxima o cidadán, que ademais lograría cunha taxa asequible, que se fomente a regularización de situacións que na actualidade non se producen polo custo excesivos das transmisións de licencias".
Esta medida esta a tomarse en moitos concellos, como por exemplo Ourense, onde existe unha taxa de partida de 250 €. Entendemos, polo tanto, que é necesario que Ponteareas se sume a esta corrente e aproveite para incrementar o tecido económico.
"Dende a nosa formación, levaremos ao pleno deste mes unha moción para que se trate este tema, como xa o fixemos no ano 2018, cando as forzas do goberno bloquearon a medida. Deste xeito, instamos as outras tres forzas que compoñen na actualidade a corporación municipal, a apoiar a medida e traballar para solucionar esta situación" asegurand ende ACIP.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49