MUNDO EMPRESA
A Xunta promove a prevención do acoso laboral e forma a 100 profesionais
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) promove un seminario web para formar na resolución de conflitos e a prevención do acoso no traballo
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) lanzou un seminario web Elaboración de protocolos de resolución de conflitos e prevención do acoso no traballo para a formación e orientación no que se pretende orientar a unhas 250 persoas na prevención do acoso e a violencia laboral dende un enfoque preventivo. Este webinario impartiuse hoxe a través da web do Issga, dirixido ao persoal técnico en prevención de riscos laborais, axentes sociais, persoas traballadoras, empresarias ou con interese neste asunto.
Sendo conscientes da importancia dunhas contornas de traballo onde se prime o benestar e a convivencia entre traballadoras e traballadores, é misión do Issga ofrecer formación nunha área tan sensible e presente no día a día laboral, ademais de en todos os eidos da vida, como é a dos conflitos interpersoais. Estes ocorren como aspecto normal das relacións humanas, mais de non resolverse correctamente poden escalar a conflitos que dexeneren en violencia ou acoso laboral ou sexual.
Este webinario está enfocado á prevención e actuación contra o acoso psicolóxico, o acoso sexual ou por razón de sexo e calquera tipo de conduta que perturbe a convivencia do persoal traballador
É por isto que a formación enfocada á resolución destes conflitos debe pasar por enfoques preventivos e integradores e que abranguen condutas de acoso psicolóxico, acoso sexual ou por razón de sexo ata os que abarcan calquera tipo de conduta que se considere conflitiva para coa convivencia dentro da organización e co persoal empregado. Esta formación debe, así, intervir en orixe, na organización do traballo e a capacitación de mandos e traballadores para fomentar a cultura de paz na organización e a promoción da mediación para resolver disputas dentro do persoal.
O Executivo galego pon o foco, desta maneira, na formación como ferramenta indispensable para acadar un emprego onde estean presentes os valores do benestar, a solidariedade e a convivencia pacífica, fomentando así non só emprego de calidade senón tamén coidador da saúde mental no lugar de traballo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11