Vigo
Movemento Galego polo Clima denuncia en Vigo “escasa ambición climática”
Afirman que a crise climática é unha inxustiza global e que os Gobernos deben afondar na transición enerxética xusta para evitar maiores impactos ambientais e sociais
O movemento de protesta impulsado por Fridays for Future-Xuventude polo Clima convoca para hoxe un novo Día de Acción Global polo Clima. Nesta ocasión, a xornada esixirá xustiza fronte á emerxencia climática e mostrar apoio ao chamado Xuízo polo Clima, a denuncia ante o Tribunal Supremo presentada por varias organizacións (Fridays for Future, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Coordinadora de ONGD e Oxfam Intermón) contra o Goberno central pola súa falta de compromiso e ambición nesta materia.
A mobilización conta con convocatorias en 16 localidades do territorio español, nas que se esixirán medidas inmediatas, concretas e ambiciosas na resposta á crise climática. As organizacións convocantes subraian que o derradeiro avance do IPCC amosa, con claridade, como o cambio climático avanza con consecuencias cada vez máis severas en todo o planeta, que serán irreversibles durante siglos ou milenios, e cuxa responsabilidade recae na humanidade.
“Os obxectivos de redución de emisións dos nosos gobernos teñen que ser moito máis ambiciosos que os propostos pola Estratexia Galega de Cambio Climático (24,6% para 2030 e neutralidade climática en 2050) ou o Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) 2021-2030 para o conxunto do Estado español (23% en 2030 e neutralidade climática en 2050). Se atendemos aos datos do IPCC cómpre acadarmos unha redución de emisións de cando menos o 55% para 2030 e a neutralidade climática en 2040, unha década antes do que nos propoñen coas súas febles políticas”, reza o manifesto lido en Galicia.
Concretamente, o Xuízo polo Clima céntrase no PNIEC, unha estratexia do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico formalmente aprobada desde marzo deste ano. Non obstante, non é o primeiro recurso xudicial: en 2020 xa se demandara, tamén, ao Goberno de España por non ter aprobado ningún plan a finais de 2019, en cumprimento da normativa europea establecida. Como finalmente o PNIEC saíu adiante sen resolverse o litixio anterior, o pasado 17 de xuño as organizacións demandantes presentaron esta segunda demanda, actualizada e basada, igualmente, na escasa ambición do plan gubernamental e o seu incumprimento cos compromisos internacionais adquiridos. Con todo, hoxe mesmo o Tribunal Supremo rexeitou o peche do primeiro litixio, tal e como pretendía a Abogacía do Estado.
Hai que sinalar que España non é o único país no que se emprenderon accións deste tipo: en Holanda, Francia e Alemaña aconteceron situacións similares, resolvéndose finalmente de forma favorable á cidadanía. “Non se trata de escoller entre o desenvolvemento económico e o medioambiente, senón de emprender un novo rumbo, no que entendemos que sen salvagardar o medio ambiente e o clima non teremos un futuro digno”, conclúe o manifesto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85