Miércoles, 18 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 17 de Marzo de 2026 a las 22:38:35 horas

Xornal21.es
Sábado, 02 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

O Pavillón Óscar Pereiro amplía este mes horarios e actividades

A normalidade regresa progresivamente á práctica deportiva municipal que se viu interrompida e mermada pola crise sanitaria da COVID-19

O Pavillón Óscar Pereiro amplía horarios e actividades tras superarse a fase aguda da pandemia. Así o informaron  a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes mosense, José Areal, quenes explicaban que “comezamos a retomar a normalidade agora que parece que quedou atrás a fase máis severa da crise sanitaria da COVID-19, xa que a veciñanza precisa recuperar as súas actividades deportivas habituais, que son altamente beneficiosas para os hábitos de vida saudables e para manter unha óptima saúde física e mental”.


Deste xeito anunciaron que comezan de novo os cursos de natación en todas as súas modalidades (ata o de agora só cabía a posibilidade de natación por libre), así como as clases de ximnasia de mantemento para maiores.


A Piscina Municipal amplía notablemente os seus horarios pasando a abrir tamén polas tardes e as fins de semana (ata o de agora abría polas mañás de luns a venres).


Por outra banda o ximnasio abre de novo as súas portas o público, que estiveron pechadas durante toda a crise sanitaria como medida preventiva ante a COVID-19. A partir de agora os usuarios do Pavillón Óscar Pereiro xa poderán adestrar na sala de máquinas que conta ademáis con novo material grazas a un convenio de colaboración entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Concello de Mos e Secretaría Xeral para o Deporte, participaron conxuntamente neste proxecto de renovación de material deportivo en dotacións municipais co obxectivo de potenciar o deporte sendo conscientes da importancia da súa colaboración para afrontar melloras que beneficien ao conxunto dos cidadáns para a práctica deportiva. Para o Pavillón Óscar Pereiro adquiriuse unha nova máquina de musculación, banco, discos, material vario para natación, aquagym e waterpolo e outro tipo de material deportivo.


As persoas interesadas na práctica de calquera das actividades anteriormente descritas poden solicitar máis información, horario e prezos chamando ao teléfono do Pavillón Óscar Pereiro: 986 334 070.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.