Martes, 17 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 17 de Marzo de 2026 a las 22:38:35 horas

Xornal21.es
Viernes, 01 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Os escolares mosenses viaxan ata Idade de Ferro visitando o Castro de Pereiras

220 alumnos de Primaria visitaron o xacemento co director da prospección arqueolóxica como guía de excepción

A concelleira de Educación, Julia Loureiro, acompañou onte ao alumnado do CEIP de Petelos nunha visita á escavación e prospección arqueolóxica do Castro de Pereiras, organizada entre o Concello de Mos e a Comunidade de Montes de Pereiras, que encargou a investigación grazas á que se fixo o descrubrimento deste xacemento da Idade de Ferro. Na visita estivo tamén presente o presidente da Comunidade de Montes, Jorge Lorenzo.


Grazas a esta excavación atopáronse un muro de unha edificación e 200 pezas de cerámica da Idade de Ferro. A prospección arqueolóxica corre a cargo da empresa Tempos Arqueólogos, sendo o director da mesma, Mario Fernández, o encargado de facerlles a visita guiada e explicación do haxazgo aos cativos participantes na actividade.


Entre as 200 pezas atopadas hai un asa de ola e pezas de cerámica romana, fragmentos de terra sigilata, da que se dí que é unha das cerámicas máis caras e de prestixio da época; ademáis dun tipo de cerámica que se fabricaba desde o século I A.C. ata mediados do século 3, aproximadamente, de posible producción hispánica.


Considerando que a potencialidade dun proxecto arqueolóxico promovido por unha comunidade de Montes, e apoiado pola veciñanza de Pereiras, interesados no coñecemento arqueolóxico do seu territorio é moi interesante, xa que permitirá unha maior protección do ben, en particular, e do patrimonio arqueolóxico da parroquia, en xeral.
Este proxecto nace polo interese da veciñanza desta parroquia a dar resposta con documentación que abale esta historia e a posible posta en valor do xacemento arqueolóxico.


Aproveitando a ocasión, a comunidade de Montes, a Asociación de Veciños Nosa Terra e o Concello, quixeron convidar aos centros educativos para que foran partícipes directos de esta experiencia e puideran coñecer de primeira man a historia.


A actividade consistiu en visitar as prospeccións a pé de obra e que o alumnado puidera ver como se levaban a cabo as sondaxes arqueolóxicas na zona dos “Castros”, onde se lles explicou o contexto patrimonial e historia da zona, a metodoloxía empregada nas sondaxes, o material atopado en cada proceso e que obxectivos que se pretender acadar con esta obra.  


Tratarase de achegar de unha maneira moi xeral e adaptada a idade dos escolares en que consiste un traballo de arqueoloxía.


A obra está contratada coa empresa Arqueólogos, S. L, empresa que redactou o proxecto e foron os seus responsables ; Mario Fernández Pereiro,  director da obra e Francisco Alonso Toucido, o subdirector, os encargados de dar as explicacións técnicas adaptada ao alumnado.


Tratouse de achegar a este colectivo en que consiste un traballo de arqueoloxía a nivel xeral  e que resultados se están atopando nesta sondaxe.


A visita dos escolares fíxose entre os días 28 e 30 de setembro, sendo hoxe a última xornada de visitas de alumnos.


Os CEIPs que participaron na visita son Atín, Pena de Francia, Mestre Martínez Alonso e Petelos cun total de 220 alumnos e alumnas dos cursos 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.