CINE | TV | VIDEOJUEGOS
AMNESIA 3.0, fito da ficción dixital galega, premio a mellor piloto de serie nacional
Unha serie interactiva sobre un mundo que esqueceu, escrita e dirixida por Irene Pin, gañadora do Premio a Mellor Piloto de Serie Nacional no Festival de Cine Español Emerxente (FECICAM).
Amnesia 3.0, serie gañadora do premio á produción de proxecto do festival de contidos dixitais Carballo Interplay e finalista ao Premio Mestre Mateo a Mellor Serie Web da Academia Galega do Audiovisual, constitúe un fito dentro da ficción dixital en Galicia, pois ofrécese a posibilidade de que o espectador se achegue á historia por un ou outro itinerario que el mesmo poderá escoller. Unha aposta interactiva sen precedentes que nace dunha teima por atreverse a romper os límites impostos.
Esta macroprodución con micropresuposto, espande o panorama das webseries a un xénero pouco explorado como é o da ciencia ficción. A primeira tempada da serie consta de tres capítulos e conta coa colaboración de caras coñecidas do audiovisual galego como Monti Castiñeiras, Sabela Arán e Isabel Naveira. Nos próximos meses terá un percorrido de proxeccións por Galicia coa presenza da directora e actores.
Este universo distópico conta cunha pequena aventura de texto, AMN: tras el velo, e actualmente está a preparar segunda tempada coa incorporación de Mabel Rivera, Melania Cruz e Xúlio Abonjo.
Cando o mundo esqueceu
Imaxina un mundo no que ninguén lembra o día anterior. Así é o universo de Amnesia 3.0. E ti decides quen che conta a historia.
Amnesia 3.0 é unha proposta para abandonar os límites do relato convencional. Partindo de tres puntos de vista diferentes, o público pode seguir a historia desde un ou outro roteiro. As túas decisións non mudan a historia, pero si como a percibes. Nos momentos en que as personaxes se cruzan, terás a oportunidade de seguir a unha ou outra. Segundo o que escollas, hai cousas que verás ou non, intencións ou accións que se cadra percibes doutro xeito. Porque como na vida, non todo está tan claro. O importante non é tanto o que che contan, senón como cho contan. E, sobre todo, quen.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87