Turismo
Galicia rexistrou un agosto 2,2 millóns de pernoitas
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, presentou en Vigo a campaña “Presume de Morriña”, posta en marcha polo Clúster Turismo de Galicia para reactivar o sector e animar a viaxar a Galicia trala pandemia
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o pasado sábado en Vigo que Galicia rexistrou un agosto histórico en ocupación nos aloxamentos turísticos da comunidade con 2,2 millóns de pernoitas. Así, incidiu en que a comunidade galega mellorou o mes pasado en 20 puntos a chegada de viaxeiros respecto á medida nacional mellorando a cifra de 2019 cun 2,6% máis de visitantes e tamén nun 1,5% en canto ás pernoitas.
Alfonso Rueda engadiu que os hoteis galegos xa recuperaron plenamente os datos turísticos prepandemia e que no caso de Vigo acadaron un 82% de ocupación o mes pasado, 27 puntos máis que en 2020 e tamén por riba do dato de 2019. Esta reactivación esténdese ao resto dos aloxamentos, se ben, está a notarse con maior intensidade nas pensións, apartamentos turísticos e cámpings da comunidade, sobre todo nestes dous últimos, que marcaron máximos históricos.
Deste xeito, lembrou que a mensaxe de Galicia como destino seguro e de calidade calou nos visitantes e animou a seguir viaxando á comunidade trala pandemia, o obxectivo que precisamente persegue a campaña Presume de morriña presentada hoxe no Porto de Vigo. Trátase dunha iniciativa do Clúster Turismo de Galicia que busca animar a visitar Galicia e reactivar o turismo a través da publicación de vídeos e fotografías nas redes sociais dos lugares preferidos por parte dos galegos e turistas que xa coñecen visitaron a comunidade.
No acto estiveron presentes a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias. Todos eles se reuniron no peirao para escenificar esas marabillosas paraxes galegas ás que os turistas non puideron achegarse na pandemia e que agora, grazas a mellora da situación sanitaria e á reapertura da mobilidade xeográfica, si poden ser visitadas.
Como indicou o vicepresidente primeiro, trátase de botar man da “morriña” para animar a galegos e turistas, sobre todo aos estranxeiros que non puideron viaxar á comunidade por mor da pandemia, a que visiten Galicia neste dobre Ano Santo.
A campaña é unha continuación da que o Clúster Turismo de Galicia puxo en marcha no 2016 e que foi quen de acadar unha comunidade virtual de “orgullosos” e “superpresumidores” de Galicia que tivo que ser interrompida na pandemia e que agora se retoma botando man dun sentimento como a morriña que forma parte da natureza galega. Como en edicións anteriores, acompañarase da convocatoria dun concurso para as mellores imaxes e vídeorrelatos con premios mensuais para os gañadores de estancias en aloxamentos e experiencias turísticas.
Alfonso Rueda animou a participar nesta iniciativa encamiñada a reactivar o turismo de cara ao que queda deste ano e ao longo do 2022, que tamén será Xacobeo, para seguir na liña deste verán, con Galicia á cabeza da recuperación turística de España grazas ao traballo feito nestes meses para reforzar a imaxe como destino seguro e de calidade cun modelo de turismo tranquilo e sostible, o que permitiu converterse o mes pasado na única comunidade en superar as cifras turísticas prepandemia. Eses son ademais os valores que demandan os viaxeiros na actualidade e aos que busca captar esta campaña coa finalidade de que veñan a coñecer Galicia.
A Xunta apoia así a proposta do Clúster Turismo de Galicia, co que vén colaborando para reactivar o sector turístico e no marco do Plan Director Galicia Destino Seguro 2021-2023, no que o Goberno galego traballa para deseñar o futuro do turismo galego cun modelo baseado na seguridade, a calidade e a sostibilidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171