Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 08 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O Concello de Salceda ten a débeda máis baixa da historia

A Conta Xeral demostra a excelente situación económica e financeira das arcas municipais

O pleno do Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar a Conta Xeral do ano 2020 con aforro neto positivo, cumprindo a regra de gasto e reducindo o nivel de endebedamento, nun ano complexo para a planificación económica por mor da pandemia producida pola COVID19.


Os resultados da Conta Xeral expuxéronse detidamente pola Concelleira de Facenda, Lucía Pereira, acadando un aforro neto positivo de 123.122,92€, e cumprindo coa regra de gasto en 311.817,37€ imposta polo Ministerio de Hacienda do goberno central.


Destaca a boa situación do Concello no nivel de endebedamento, que descende un ano máis, situándose no 15,77% respecto aos seus ingresos, moi por debaixo do 75% que marca a lei para poder concertar novas operacións de crédito. Deste xeito, a débeda a peche do 2020 sitúase en 832.539,82€, dos que case 700.000,00€ corresponden á expropiación dos terreos do Parque Raíña Aragonta.


Durante a súa intervención, Lucía Pereira destacou tamén o bo dato respecto da liquidez das contas do Concello a data de 31 de decembro de 2020, que se situaron en 1.242.376,77€. Outro dos parámetros positivos que arroxan as contas é o resultado positivo do remanente de tesouraría, que ascende a 1.516.833,43€.


A Conta Xeral é un documento técnico onde se recolle a totalidade da contabilidade do ano, e que os concellos teñen que aprobar e remitir ao Consello de Contas antes do mes de outubro, para poder obtar ás subvencións de outras entidades.


Lucía Pereira, Concelleira de Facenda: “A pesar das dificultades económicas do 2020 marcadas pola inesperada pandemia producida pola COVID19 fomos quen de rematar o exercicio cumprindo a maioría das regras fiscais, con liquidez positiva e cun remanente de tesouraría positivo que nos permitíu incorporar ao orzamento 2021 máis de 700.000€ que nos permiten continuar ofrecendo servizos básicos á nosa veciñanza e facer fronte aos gastos orixinados pola pandemia.”


Verónica Tourón, Alcaldesa: “os datos de tesouraría e de liquidez da conta xeral poñen de manifesto a xestión rigorosa do equipo de goberno, a pesar do aumento de gasto que nos supuxo xestión da pandemia”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.