GALICIA
O remate do Fontán completa o Gaiás
O presidente da Xunta visitou a finalización das obras desta nova infraestrutura na Cidade da Cultura que o Goberno galego comparte co CSIC e as tres universidades
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta semana que co remate das obras do Edificio Fontán complétase o complexo do Gaiás cun futuro marcado pola cultura, o patrimonio, a ciencia e a tecnoloxía.
Durante unha visita a esta nova infraestrutura, Feijóo incidiu deste xeito en que coa finalización deste inmoble a Cidade da Cultura pon fin a unha fase centrada nos proxectos construtivos e abre outra, marcada pola expansión da creatividade, do coñecemento, da formación e da investigación.
Nesta liña, recordou que, tras un investimento de case 17 millóns de euros, este edificio acollerá a 200 traballadores de distintos organismos: o Consorcio Interuniversitario de Galicia, que impulsará a cooperación organizativa, técnica e económica das tres universidades; e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario, que velará pola actualización da oferta académica e a adaptación ás demandas laborais de cada momento. Ademais de impulsar á comunidade nunha posición de liderado en España nos estudos sobre patrimonio co traslado do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, que contará con 50 investigadores de 11 países para desenvolver proxectos internacionais; e do Centro de Investigación do Patrimonio Cultural, o primeiro de toda España sobre esta materia e que contará cun Observatorio sobre o Camiño de Santiago.
“Estamos a falar dun edificio sustentado en tres piares: no impulso á calidade, fortaleza e competitividade do sistema universitario; na cualificación dos docentes nas tecnoloxías dixitais; e na investigación do patrimonio e, especialmente, do ligado ao Camiño”, precisa
“Estamos a falar dun edificio sustentado en tres piares: no impulso á calidade, fortaleza e competitividade do sistema universitario; na cualificación dos docentes nas tecnoloxías dixitais; e na investigación do patrimonio e, especialmente, do ligado ao Camiño”, abundou, subliñando que a estética vangardista non só se basea na integración co conxunto, na luz ou na sustentabilidade.
Coa finalización da obra por parte do Goberno galego, iníciase agora o proceso de traslado das distintas institucións con sede no Fontán, coa previsión de que estea plenamente operativo a comezos de ano.
Ao longo da súa intervención, Feijóo lembrou algunhas das iniciativas incluídas no Plan Gaiás 2012-2018 e que contribuíron a converter a Cidade da Cultura nun complexo que, na súa primeira década, recibiu seis millóns de visitas; que chegará aos 900 empregados coa posta en marcha do Edificio Fontán; que ten organizado 25 grandes exposicións, colaborando con institucións como o MOMA de Nova York ou co Museo do Prado; que acolle 400 eventos ao ano e que leva apoiado 450 proxectos de emprendedores que hoxe son negocios consolidados. Ademais de contar cun espazo aberto aos cidadáns como o Bosque de Galicia.
“Un balance que queremos continuar co Plan estratéxico do Gaiás 2021-2027”, dixo, co fin de consolidar o seu protagonismo e expandir aínda máis a súa actividade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217