Martes, 28 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 28 de Abril de 2026 a las 12:08:47 horas

Xornal21.es
Viernes, 08 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
GALICIA

A 21 XGN R Encounter suma no seu programa máis de 40 actividades r

As actividades de acceso libre serán unicamente online e poderanse desfrutar a través do canal de Discord da party ou de Youtube, incluíndo interesantes conferencias e talleres

A XGN R Encounter ten xa practicamente definido o programa da súa 21a edición, a cal se celebrará do 9 ao 11 de outubro na Feira Internacional de Galicia ABANCA retomando o formato presencial para aquelas persoas rexistradas na party.

 

Así, o seu programa contará con máis de 40 actividades lúdicas e formativas relacionadas coa informática, as novas tecnoloxías e o lecer electrónico.

 

En canto ás propostas dirixidas exclusivamente aos rexistrados, a Intranet da XGN R Encounter incluirá competicións de arte dixital, centradas en curtametraxe, gráficos 3D, ilustración e música dixital, concurso de dobraxes e fotografía, retoque fotográfico, fast compos e anime music vídeo. Ademais, en hardware contará con numerosas actividades, entre elas modificación e personalización de equipos, ‘granxas’ de impresoras 3D, un taller para montar unha “ retroconsola”, a Open Led Race, carreira onde os participantes terán que facer avanzar a súa cor LED por un circuíto, e tamén o Roteiro Maker, unha iniciativa que tenta achegar a ciencia e a tecnoloxía ás zonas rurais e semirrurais de Galicia con diferentes talleres para todos os públicos e nun formato innovador e divertido.

 

Así mesmo, os participantes poderán tomar parte, no apartado de software libre, no AI Contest, unha proba consistente en programar un robot para que compita con outros nun sinxelo xogo. Ademais, organízanse torneos de trece videoxogos distintos, con títulos como LOL, CSGO, Valorant ou Skribbl. io para pc e Fifa21, JustDance 21, Guilty Gear: Strive ou Mario Kart 8: Deluxe para consola. E, como sempre, haberá tamén divertidos xogos como o Trivial de cinema, o karaoke ou o “Non te rías que é peor”.

 

Por outra banda, a XGN R Encounter incluirá un programa de actividades online de acceso aberto e gratuíto, tanto para participantes como para público en xeral, dentro do espazo denominado Extranet. Así, poderase desfrutar a través da canle de Discord da party ou de Youtube de conferencias e talleres con títulos tan atractivos como “Guía de supervivencia de criptomonedas”, “ IVAO España, a familia da simulación aérea”, “Un stream desde o outro lado” ou “O onte e hoxe do k-pop”.

 

Encounter TV

Moitas das actividades da XGN R Encounter, tanto dirixidas aos inscritos como abertas ao público xeral, serán retransmitidas e comentadas nun extenso programa que se emitirá en streaming durante os dous primeiros días do evento a través da plataforma “Twitch”, de forma que será accesible a calquera persoa interesada en seguir a actualidade do encontro tecnolóxico. O programa, que leva por título EncounterTV, incluirá ademais entrevistas e actuacións musicais e humorísticas

 

O recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA ultima xa xunto coa Fundación Euskaltel todo o contido desta 21a edición. Unha cita que é a quinta con R como colaboradora e patrocinadora oficial, a cal proporciona ademais 20 xigas de velocidade ao evento, e que conta de novo co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, impulsora da party.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.