Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 04 de Marzo de 2026 a las 12:54:02 horas

Xornal21.es
Jueves, 14 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O Concello de Nigrán reanuda o seu programa de turismo social

O Concello de Nigrán retoma o seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade cunha excursión o xoves 21 de outubro a Pedrafita do Cebreiro (Lugo). Trátase da primeira saída desde a crise do Covid-19 e o Concello irá programando novas. O custe é de 22 € e cubre transporte, comida e visitas guiadas. O prazo de inscrición abre este xoves e venres, 14 e 15 de outubro, sendo no Pavillón Municipal de Panxón (cada solicitante pode anotar só a un acompañante e debe levar sendos DNI). As 110 prazas dos dous autobuses cubriranse por rigorosa orde de inscrición, así como as reservas dos asentos.

 

A excursión, con saída ás 08:00 horas en autobús dende a Casa do Concello, inclúe visita guiada a Pedrafita do Cebreiro e a súa feira de outono,  ao conxunto etnográfico do Cebreiro coas súas senlleiras pallozas, á igrexa pre-románica de Santa María e unha pequena andaina pola entrada do Camiño Francés nesta marabillosa contorna natural dos Ancares. Ademáis, visitaranse queixerías do Cebreiro e de Fonfría. O menú consta de polvo á feira, carne, café, postre e bebida.

 

 

 

 

O goberno local de Nigrán entende que viaxar para as persoas maiores despois da inactividade do Covid-19 é especialmente importante para que socialicen e se sintan máis felices, polo que programará novas saídas

 

 

 

 

O goberno local de Nigrán entende que viaxar para as persoas maiores despois da inactividade do Covid-19 é especialmente importante. "Non só serve para descubrir lugares novos, senón que aporta moitísimos beneficios especialmente útiles para eles, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención".

 

Nese sentido, o alcalde de Nigrán, Juan González, deixa clara a súa aposta por este programa, "porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializarán e, en definitiva, faraos sentir máis felices e vitais”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.