Martes, 28 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 28 de Abril de 2026 a las 16:46:37 horas

Xornal21.es
Miércoles, 13 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

SmartPeme pon en marcha outros catro obradoiros online

Ata o 14 de outubro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre Instagram, o Copywriting, a impresión dixital e os motores de reservas

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre a utilización de Instagram enfocado á empresa, o Copywriting aplicado á web, a fabricación dixital e os motores de reservas para empresas turísticas.

 

En concreto, este mércores 13 impartirase o obradoiro “Como utilizar Instagram para promover a túa empresa I”. Estará a cargo de Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, quen exporá a utilización sinxela deste aplicación e a forma de aproveitar o seu público potencial. Xa pola tarde, terá lugar o obradoiro “Copywriting aplicado á web e redes sociais”, a cargo de Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, onde falarase do significado deste termo e como empregalo correctamente.

 

O xoves 14 será a quenda de “Fabricación dixital. Impresoras de Filamento” de Manuel Freire, experto universitario en Robótica, quen dará a coñecer as tecnoloxías implicadas na fabricación dixital e permitirá deseñar unha peza 3D. O itinerario inclúe, amais da formación teórica,  unhas 20h de practicas en impresores e escáner 3D. Para finalizar, pola tarde, Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas, falará dos “Motores de reservas para empresas turísticas”, obradoiro que centrarase na boa utilización de do noso motor de reservas, entre outros conceptos, para sacarlle o máximo partido ao noso negocio turístico.

 

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.