GALICIA
A Xunta concede 23 axudas para a adquisición de puntos limpos móbiles
O DOG publica a resolución das subvencións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que benefician a 31 concellos de menos de 3.000 habitantes
A Xunta concede un total de 23 axudas por un importe global de 1,27 millóns de euros para facilitar aos concellos galegos a adquisición de puntos limpos móbiles.
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se dan a coñecer as subvencións concedidas, que benefician a 31 municipios de menos de 3.000 habitantes. Poden cubrir o 100% do custo da compra do vehículo, con un máximo de 70.000 euros para unha solicitude individual e de ata 100.000 euros para unha agrupación de varios concellos.
Con esta liña de axudas mellórase e amplíase a xestión de residuos especiais de competencia municipal, co fin de favorecer a súa axeitada recollida, clasificación e preparación para a reutilización. De xeito paralelo, tamén se evita a proliferación de puntos de vertido incontrolado nas contornas e espazos naturais.
Súmanse aos 35 puntos móbiles adquiridos ao abeiro das dúas convocatorias anteriores por 1,5 M€, que favoreceron a máis dun cento de municipios
Os concellos teñen a posibilidade de escoller entre catro modelos de vehículos subvencionables: un contedor/caixa metálica de gran volume —modelo que poderá ser elixido só se a entidade local dispón de camión adaptado con equipo de gancho para a súa carga e traslado—; un remolque e contedor metálico de gran volume —sempre e cando o concello dispoña dun camión adaptado para a súa carga e traslado—; un camión con caixa e chasis; ou unha furgoneta adaptada con diferentes contedores ou compartimentos.
Así mesmo, con este tipo de incentivos avánzase un paso máis no cumprimento do Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2020-2022, que outorga prioridade aos concellos de menos de 3.000 habitantes por ser o punto limpo móbil a opción que mellor se adapta as súas características.
Os 23 novos puntos limpos móbiles engadiranse aos 35 adquiridos ao abeiro das dúas convocatorias anteriores por un importe de 1,5 M€, que beneficiaron a máis dun cento de concellos.
Cómpre salientar que na actualidade máis de 2,2 millóns de galegos contan cun punto limpo fixo a menos de 10 minutos do seu domicilio, polo que os móbiles aos que se dirixen especificamente estas subvencións veñen a completar a rede autonómica, co fin de que toda a cidadanía poida dispoñer do servizo.
LISTAXE DE AXUDAS CONCEDIDAS AO ABEIRO DA CONVOCATORIA DE 2021
PROVINCIA
BENEFICIARIOS
IMPORTE
A CORUÑA
Vilarmaior
40.736,84 €
Santiso
68.500,00 €
Dodro
15.345,50 €
Agrupación de concellos de Frades e Mesía
69.127,30 €
Toques
52.453,50 €
Paderne
26.726,44 €
LUGO
As Nogais
69.520,13 €
Baralla
44.940,79 €
Folgoso do Courel
28.199,56 €
Trabada
70.000,00 €
O Páramo
54.831,15 €
Begonte
30.416,74 €
Agrupación dos concellos da Pontenova, Pastoriza, Meira, Riotorto, Pol e Ribeira de Piquín
99.912,58 €
Paradela
66.295,18 €
Bóveda
57.148,30 €
Becerreá
57.991,83 €
Antas de Ulla
29.948,35 €
Abadín
48.998,74 €
OURENSE
Melón
49.413,38 €
Boborás
69.127,30 €
PONTEVEDRA
Dozón
69.756,50 €
Agrupación de concellos de Portas, Campo Lameiro e Moraña
90.000,00 €
Pazos de Borbén
58.305,83 €

A Xunta concede un total de 23 axudas por un importe global de 1,27 millóns de euros para facilitar aos concellos galegos a adquisición de puntos limpos móbiles.
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se dan a coñecer as subvencións concedidas, que benefician a 31 municipios de menos de 3.000 habitantes. Poden cubrir o 100% do custo da compra do vehículo, con un máximo de 70.000 euros para unha solicitude individual e de ata 100.000 euros para unha agrupación de varios concellos.
Con esta liña de axudas mellórase e amplíase a xestión de residuos especiais de competencia municipal, co fin de favorecer a súa axeitada recollida, clasificación e preparación para a reutilización. De xeito paralelo, tamén se evita a proliferación de puntos de vertido incontrolado nas contornas e espazos naturais.
Súmanse aos 35 puntos móbiles adquiridos ao abeiro das dúas convocatorias anteriores por 1,5 M€, que favoreceron a máis dun cento de municipios
Os concellos teñen a posibilidade de escoller entre catro modelos de vehículos subvencionables: un contedor/caixa metálica de gran volume —modelo que poderá ser elixido só se a entidade local dispón de camión adaptado con equipo de gancho para a súa carga e traslado—; un remolque e contedor metálico de gran volume —sempre e cando o concello dispoña dun camión adaptado para a súa carga e traslado—; un camión con caixa e chasis; ou unha furgoneta adaptada con diferentes contedores ou compartimentos.
Así mesmo, con este tipo de incentivos avánzase un paso máis no cumprimento do Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2020-2022, que outorga prioridade aos concellos de menos de 3.000 habitantes por ser o punto limpo móbil a opción que mellor se adapta as súas características.
Os 23 novos puntos limpos móbiles engadiranse aos 35 adquiridos ao abeiro das dúas convocatorias anteriores por un importe de 1,5 M€, que beneficiaron a máis dun cento de concellos.
Cómpre salientar que na actualidade máis de 2,2 millóns de galegos contan cun punto limpo fixo a menos de 10 minutos do seu domicilio, polo que os móbiles aos que se dirixen especificamente estas subvencións veñen a completar a rede autonómica, co fin de que toda a cidadanía poida dispoñer do servizo.
LISTAXE DE AXUDAS CONCEDIDAS AO ABEIRO DA CONVOCATORIA DE 2021
|
PROVINCIA |
BENEFICIARIOS |
IMPORTE |
|
A CORUÑA |
Vilarmaior |
40.736,84 € |
|
Santiso |
68.500,00 € |
|
|
Dodro |
15.345,50 € |
|
|
Agrupación de concellos de Frades e Mesía |
69.127,30 € |
|
|
Toques |
52.453,50 € |
|
|
Paderne |
26.726,44 € |
|
|
LUGO |
As Nogais |
69.520,13 € |
|
Baralla |
44.940,79 € |
|
|
Folgoso do Courel |
28.199,56 € |
|
|
Trabada |
70.000,00 € |
|
|
O Páramo |
54.831,15 € |
|
|
Begonte |
30.416,74 € |
|
|
Agrupación dos concellos da Pontenova, Pastoriza, Meira, Riotorto, Pol e Ribeira de Piquín |
99.912,58 € |
|
|
Paradela |
66.295,18 € |
|
|
Bóveda |
57.148,30 € |
|
|
Becerreá |
57.991,83 € |
|
|
Antas de Ulla |
29.948,35 € |
|
|
Abadín |
48.998,74 € |
|
|
OURENSE |
Melón |
49.413,38 € |
|
Boborás |
69.127,30 € |
|
|
PONTEVEDRA
|
Dozón |
69.756,50 € |
|
Agrupación de concellos de Portas, Campo Lameiro e Moraña |
90.000,00 € |
|
|
Pazos de Borbén |
58.305,83 € |






























Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217