Miércoles, 18 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 18 de Marzo de 2026 a las 11:56:42 horas

Xornal21.es
Viernes, 15 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Noelia Sías logra por segunda vez a prata no concurso nacional do Mellor Artesán Florista

O Concello de Mos celebrou onte unha recepción na súa honra para felicitala por este novo éxito

A florista mosense Noelia Sías Villaverde, traballadora de Floristería Lola, participou do 29 de setembro ao sábado 2 de outubro no 'MAF', concurso nacional do Mellor Artesán Florista que se celebrou en Burgos; obtendo o segundo posto, por detrás do sevillano Julio Boza.

 

Foi unha final complicada, con pouco tempo para un traballo difícil e uns contrincantes de nivel. Sías logrou así a segunda prata nesta competición, tras ter quedado subcampioa en 2019 (no ano 2020 non se celebrou por mor da pandemia da COVID-19). E para felicitala por este novo éxito o Concello de Mos organizou unha recepción na súa honra que se celebrou onte no salón de sesións da Casa Consistorial mosense coa presencia da alcaldesa, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, Juan Lago de Floristería Lola e demais membros da Corporación Municipal.

 

Así que, tras o parón do ano pasado, este ano a mosense Noelia Sías volveu participar no ‘MAF’ volvendo a facerse co título de segunda mellor florista de España.

 

Noelia Sías é veciña da parroquia de Mos e traballa en Floristería Lola. A florista mosense destaca da súa empresa “as facilidades e colaboración que sempre me dan para que poida formarme, facer cursos novos, participar en competicións como esta… é algo moi de agradecer e que non é frecuente en todas as empresas”. Floristería Lola leva máis de 37 anos en activo en Mos e, tal e como declaraba a rexedora local mosense, “é un referente en toda a provincia de Pontevedra, do que nos sentimos enormemente orgullosos”.

 

Arévalo declarou sobre este novo título de Noelia que “é un orgullo para Mos, sendo ademais o Concello da rosa, contar entre a nosa veciñanza coa segunda mellor artesá florista de España en dúas edicións consecutivas do concurso nacional”. A alcaldesa felicitouna por presentarse e quedar novamente 2ª nesta importante competición e animouna a seguir levando o nome da localidade mosense ao máis alto do mundo da flor.

 

Sías, que é veciña da parroquia de Mos, leva 22 anos vinculada ao mundo da floristería. Actualmente, e dende fai case 15 anos, traballa en Floristería Lola, tamén de Mos, e formouse nalgunhas das mellores escolas nacionais do sector florista.

 

Entre os seus mestres figuran nomes tan destacados a nivel nacional como os de Juan Chamorro, Roberto Silbosa, Daniel Santamaría ou María Jesús Miranda e tamén algúns referentes internacionais como Gregor Lersch, Per Benjamin ou Vadim Kazansky.

 

O xurado do MAF avalía en cada unha das probas do concurso aspectos como a técnica, a limpeza, a rapidez, a cor, o estilo actual, a dificultade de elaboración, a actitude dos floristas ou o compañeirismo. Dúas das probas son en grupo e os participantes teñen un tempo máximo especificado para completar cada unha delas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.