Miércoles, 18 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 18 de Marzo de 2026 a las 11:56:42 horas

Xornal21.es
Jueves, 14 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos clausura o Obradoiro de Emprego “Mocidade no Camiño”

A Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou hoxe na entrega de diplomas aos 16 alumnos/as-traballadores/as participantes e destacou a intensa actividade municipal en materia de formación para a inserción laboral e loita contra o desemprego

Mos clausurou esta mañá o seu Obradoiro de Emprego “Mocidade no Camiño”, dúas semanas despois do remate do “Mos Peregrino” e a poucos días do comezo dun novo Obradoiro titulado “SOMOSMOS”, que impartirá especialidades de albanelería e atención sociosanitaria a un total de 20 persoas en situación de desemprego.

 

Ana Ortiz, Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, desprazouse hoxe ata o Concello de Mos para a clausura e entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego “Mocidade no Camiño” na que estivo acompañada pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro. Ortiz destacou na súa intervención a intensa actividade municipal en materia de formación para a inserción laboral e loita contra o desemprego.

 

“Mocidade no Camiño” vai dirixido a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe). Para a realización deste Obradoiro de Emprego o Concello de Mos conta coa concesión dunha subvención por parte da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

 

Esta axuda enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.

 

A axuda ao Concello de Mos, ascende ao importe global de 369.492,32 euros, con cargo ao orzamento da Consellería de Emprego e Igualdade, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego e os salariais derivados dos contratos de traballo que se subscriba co alumnado, sendo a contía destinada para a gastos salariais de alumnos/as-traballadores/as de 235.553,12 euros.

 

O Programa de emprego denominado “Mocidade no Camiño” deu emprego durante un ano a 16 alumnos/as traballadores/as, persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e distribuídas nas especialidades formativas de deseño de produtos gráficos e multimedia (8 mozos/as) e xardinería e auxiliares de conservación de montes (8 mozos/as).

 

Os obxectos de actuación para a execución do desenvolvemento do proxecto foron a actuación na Senda do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos mediante saneamento e poda de árbores, limpeza arredor dos árbores, mantemento de macizos e plantas, operacións de control fitosanitario, reposición de elementos e pequenas obras de mantemento; e a posta en valor do trazado do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos a través de actuacións de marketing e publicidade, a través da realización de materiáis gráficos e multimedia, que puxeron en valor a zona, e deron a coñecer aos peregrinos, e á poboación en xeral, a riqueza natural e etnolóxioca existente ao longo do Camiño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.