VIGO
Fernández-Tapias visita o Pelican of London, que tomará parte na ruta Iacobus Maris 2022
A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou a importancia deste proxecto por canto contribuirá á proxección nacional e internacional do Xacobeo recreando a ruta marítima desde Jaffa ata Galicia
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, tivo ocasión de visitar esta semana o “Pelican of London”, uns dos buques escolas que tomará parte na Ruta Iacobus Maris 2022, que suporá unha réplica da ruta xacobea recorrida desde Jaffa ata Galicia.
Tal e como recordou, se trata da peregrinación marítima máis longa da historia: 3.400 millas, aínda que nesta ocasión con saída desde Génova. Deste modo, durante catro semanas, entre os meses de xuño e xullo do vindeiro ano, grandes veleiros recrearán este traxecto.
Neste sentido, Fernández-Tapias destacou a importancia deste proxecto por canto contribuirá á proxección nacional e internacional do Xacobeo 21-22. “Veleiros como o propio Pelican of London, o Atyla, o Gloria ou o Morgenstern atracaran en cidades cargadas de historia ondeando a bandeira deste Xacobeo, que como xa dixemos aspira a ser o mellor da nosa historia”, dixo.
“Eventos como esta ruta marítima contribúen de forma decisiva e sen lugar a dúbidas a colocar a Galicia no mapa, e a Vigo no lugar que se merece neste dobre Ano Santo, reivindicando o seu papel central no Camino de Santiago, no Camiño Portugués da Costa”, anotou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180