Domingo, 01 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Febrero de 2026 a las 10:06:31 horas

Xornal21.es
Domingo, 24 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Sete proxectos son propostos para recibir as últimas axudas do GALP Ría de Vigo-A Guarda

O valor das axudas supera os 400.000 euros, sendo o importe subvencionable solicitado de máis de 700.000 euros

Esta semana a Xunta Directiva do GALP Ría de Vigo – A Guarda realizou a proposta de resolución á segunda convocatoria de axudas deste ano propondo subvencións a sete novos proxectos que foron asesorados polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo - A Guarda. As axudas superarían os 400.000 euros e están destinadas a proxectos que se axustan á Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) e que axudarán á mellora do tecido socioeconómico da área de influencia deste GALP.

 

Nesta última convocatoria, presentáronse un total de doce proxectos, sete dos cales foron seleccionados, sendo tres deles de tipo produtivo, que poden chegar a ser subvencionables ata nun 50%, e catro, non produtivos. que poden ser subvencionables ata nun 100% nalgúns casos,

 

Entre os proxectos produtivos hai propostas como a de Gandón, S.A, centrada na mellora das condicións de seguridade e sostibilidade desta empresa armadora co obxectivo de mellorar a produtividade, reducir os desprazamentos e facer unha aposta pola economía circular. Como iniciativa vinculada ao ámbito turístico, atopamos a de Diferent Charter Galicia para a instalación dun barco charter no porto de Baiona para a realización de rutas turísticas pola ría. Pola súa banda, a aposta pola innovación e a valorización dos produtos do mar chega da man de H.Q. Seaweed cun proxecto baseado nas algas deshidratadas.

 

Entre as iniciativas non produtivas atópase o proxecto do Concello de Vilaboa que xira ao redor da recuperación patrimonial apostando pola rehabilitación, acondicionamento e posta en valor do Forno do Cal e a súa contorna en Punta Travesada. Outro dous proxectos pertencen a confrarías da ría, a Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas traballará na revalorización dos produtos que extraen as embarcación que comercializan estas capturas a través da lonxa de Cangas mentres que a Confraría de pescadores San Francisco de Vigo presentou un proxecto que busca mellorar a gobernanza dos recursos pesqueiros, marítimos e sociais, mediante o estímulo á participación dos seus membros nos órganos de goberno. E a Asociación San Xerome Emiliani aposta pola empregabilidade e a inclusión sociolaboral de persoas mozas con discapacidade a través da formación e a capacitación en proxectos de economía circular como a reparación de envases plásticos, utilización destes envases para a recollida de residuos, utilización de refugallos para mobiliario portuario ou filamento para impresoras 3D.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.