Domingo, 01 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Febrero de 2026 a las 10:06:31 horas

Xornal21.es
Sábado, 23 de Octubre de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O BNG lamenta a falta de proxecto para a praza de abastos da Guarda

Anxo Baz: “ A ausencia de proxecto do goberno municipal do PSOE lévaos a ir dilapidando recursos, facendo remendo sobre remendo, sen un proxecto global para camiñar cara a un mercado de excelencia”

No mes de maio do 2020 o BNG  levou   ao pleno do Concello da Guarda  a proposta de  elaboración dun proxecto de reforma integral da Praza que nos permitira optar ao  recoñecemento de mercado de excelencia  por parte da Xunta de Galiza .  A nosa proposta foi aprobada.

 

Meses despois o grupo de goberno do PSOE, facendo caso omiso  do acordo plenario, anunciou a reforma do pavimento da parte superior, un acceso a terraza e a mellora dun posto por un importe total de 40.000 €. Nese momento o BNG  cualificou este anuncio como un  remendo máis que desvirtuaba radicalmente o acordo plenario comprometendo un proxecto  de futuro para a Praza.

 

A falta de criterio e a improvisación  chegan ao extremo de que o  acceso a terraza  presenta  barreiras arquitectónicas.

 

Desde o ano 2013 os parcheos realizados na Praza de Abastos superan os 332.000€. O grupo de goberno do PSOE nunha  recente comparecencia  nos medios de comunicación volven  anunciar  unha nova reforma “estética” por valor de 100.000 €.

 

Sen dúbida con estas inversións racionalizadas, cun proxecto ben definido, que simplemente non existe, a Praza podería dar un salto cualitativo. Cunha cuantía non moi superior Tomiño logrou un mercado de excelencia  e o Rosal cunha inversión bastante menor   vai camiño del.

 

O portavoz municipal do BNG Anxo Baz manifestou” a ausencia de proxecto do goberno municipal lévaos  a ir  dilapidando recursos, facendo remendo sobre remendo,  sen un proxecto global para camiñar cara a  un mercado de excelencia. As consecuencias están a vista, lonxe de dinamizar a praza en vez de abrirse postos pecháronse varios”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.