ESPECIAL PRODUCTOS DO MAR
Os peixes e mariscos galegos que namoran a todos os consumidores
Os recursos mariños que ofrece Galicia son a mellor opción para lograr unha dieta variada e saudable
A despensa galega de produtos do mar é moi rica e variada, chegando a comercializarse preto de 300 especies diferentes nas lonxas que van desde peixes ata mariscos, crustáceos, algas ou equinodermos. Unha variedade que permite aos compradores elixir entre múltiples opcións con todas as garantías de calidade e de frescura froito do labor realizado polos milleiros de profesionais do mar que traballan a diario en Galicia para achegar aos consumidores estes alimentos. Son distintas as opcións de consumo moi desexadas e demandadas tanto polos galegos como polos visitantes da comunidade ata o punto de que son moitos os que senten verdadeira predilección e amor por eles. Con este pano de fondo, a Xunta de Galicia puxo en marcha este verán a campaña Galicia sabe amar co obxectivo de animar á cidadanía a consumir os produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos mariñeiros e mariscadores da comunidade.
Esta acción incide na importancia de comer peixes e mariscos como un hábito saudable así como na diversidade de produtos da máxima calidade que o complexo mar-industria de Galicia pon a disposición dos consumidores para que cada un elixa aqueles que máis lle interesen e se adapten ás súas necesidades e aos seus gustos.
En Galicia comercialízanse preto de 300 especies diferentes de peixes, mariscos, crustáceos, algas ou equinodermos
Xogando coa retranca galega e cos dobres sentidos, Galicia sabe amar traslada a importancia de consumir produtos do mar para ter unha alimentación saudable así como o feito de que mercar peixes e mariscos é unha decisión intelixente e un hábito que forma parte da identidade dos galegos. Ao mesmo tempo, lembra o importante labor que realizan os milleiros de profesionais do mar de Galicia para levar ata as mesas de calquera consumidor os variados manxares que ofrecen e se transforman na costa galega.
![[Img #71918]](https://xornal21.com/upload/images/10_2021/5433_foto_3pescaderia.jpg)
De feito, a campaña vai máis aló de promover o consumo de produtos do mar e serve tamén como agradecemento ao sector marítimo-pesqueiro galego polo importante esforzo realizado durante a alerta sanitaria pola Covid-19, na que aumentou a demanda de produtos do mar por parte dos fogares ao tempo que caía na hostalería e na restauración como consecuencia das distintas restricións aprobadas para frear a expansión da pandemia. Malia esa situación, boa parte dos profesionais do mar seguiron traballando arreo, incluso cando non lles era rendible, para ofrecer produtos da calidade ao resto da sociedade nunha mostra máis de solidariedade e amor cara ao conxunto da cidadanía.
A pesca é unha actividade sostible que realizan os profesionais do mar para poñer os numerosos manxares que ofrece o medio mariño nas mesas das galegas e galegos
A estratexia desenvolvida polo Executivo galego pretende facer un chamamento, mediante unha mensaxe fresca e atractiva, á compra e consumo de peixes e mariscos pois esa elección terá beneficios tanto para o conxunto da economía como para a sociedade en xeral. Unha boa decisión neste eido que mellorará a saúde dos consumidores grazas a unha dieta saudable, rica e equilibrada.
![[Img #71917]](https://xornal21.com/upload/images/10_2021/9382_foto_-2-mejillon.jpg)
A campaña da Consellería do Mar Galicia sabe amar é a herdeira de O mar que nos move e de O noso mar, marca e pon o acento na calidade e grande variedade de produtos do mar cos que conta Galicia, moi desexados e que namoran a todo aquel que os proba. Neste sentido, a comunidade conta cunha oferta de produtos, formatos -frescos, conxelados, transformados, etc- e posibilidades inmensas para elaborar pratos da máxima calidade tanto nos fogares como nos restaurantes máis selectos.
Os produtos do mar son unha aposta segura e uns alimentos fundamentais para levar unha dieta saudable e equilibrada
A Xunta inclúe dentro desta acción máis global outras iniciativas de promoción máis específicas impulsadas pola Consellería do Mar como Fai click ao teu bocata ou Ti si que es un bo peixe -para promocionar o consumo de produtos do mar entre a poboación infantil- ou Vai de peixe, deseñada para difundir as bondades dos peixes e mariscos entre os millennials e centrada principalmente nas redes sociais. A elas engádense tamén outras como a marca de calidade pescadeRías, de onde se non? ou campañas puntuais para promocionar os produtos do mar de tempada como o bonito do norte.
A campaña da Administración galega a prol do consumo do produtos do mar de Galicia recorre ao amor para chamar a atención dos cidadáns e seguindo coa retranca galega foi o humorista David Amor o encargado de presentala tanto ante os medios de comunicación como ante os profesionais do sector. Ao evento asistiron representantes do sector pesqueiro e marisqueiro, da industria de transformación dos produtos do mar e das principais empresas de distribución alimentaria da comunidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188